O PP veta optimizar fondos públicos para a modernización tecnolóxica de empresas

O PP veta optimizar fondos públicos para a modernización tecnolóxica de empresas

O PP veta optimizar fondos públicos para a modernización tecnolóxica de empresas

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou hoxe na Comisión de Industria, o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para optimizar os fondos públicos empregados na modernización tecnolóxica de empresas e autónomos.

Losada acusou ao Goberno popular de facer “un continuo exercicio de publicidade e propaganda na extensión das TIC´s no tecido produtivo de Galicia”. Sinalou a “falla de compromiso do PP cun plan transversal” e reclamou “máis transversalidade no goberno” e a necesidade de que “o Igape, Gain e a dirección Xeral de Comercio e Amtega teñen que establecer unha estratexia coordinada”.

Do mesmo xeito, denunciou unha “falta de conexión entre as políticas do PP e a realidade socioeconómica de Galicia” e puxo enriba da mesa as dificultades económicas para desenvolver actividades que poidan competir nos mercados globalizados.

Por outro lado, o deputado socialista denunciou que “existen sectores puntuais que incrementaron a competitividade pero a dualización do mercado produtivo é cada vez maior”. Por elo, sinalou, “a cuestión é xeral e responde a cambiar o modelo produtivo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar