O PP veta un novo plan de socorrismo acuático

O PP veta un novo plan de socorrismo acuático

O PP veta un novo plan de socorrismo acuático

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, lamentou o veto do PP a unha proposta socialista debatida hoxe en Comisión para pedirlle á Xunta que coordinara coa Fegamp un novo plan de dotación de servizos de socorrismo acuático.

O responsable socialista instaba ao goberno galego a “garantir cada tempada aos concellos que o precisen unha dotación de efectivos conforme a criterios homologados, con condicións laborais homoxéneas e facilitando un sistema de selección de persoal mediante convocatoria autonómica para aquelas entidades que así o soliciten”.

O obxectivo é evitar que se repita o sucedido este ano, cando o retraso na convocatoria de axudas e subvencións da Xunta para a contratación de persoal foi aprobada en maio, co que os concellos tiveron que retrasar ata mediados de xullo as contratacións subvencionadas.

A consecuencia foi que “unicamente aqueles concellos que contan con recursos orzamentarios suficientes puideron poñer en marcha os servizos de socorrismo ao inicio desta tempada de verán con efectivos suficientes”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar