O PP veta no Parlamento homologar as pensións dos emigrantes retornados e devolverlles os cobros indebidos

O PP veta no Parlamento homologar as pensións dos emigrantes retornados e devolverlles os cobros indebidos

O PP veta no Parlamento homologar as pensións dos emigrantes retornados e devolverlles os cobros indebidos

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe o novo veto do PP a unha proposta socialista dirixida a homologar as pensións dos emigrantes retornados e devolverlles os cobros indebidos de acordo coas sentenzas xudiciais.

No debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Economía do Parlamento, a responsable socialista denunciou a “manga ancha” demostrada polo PP á hora de aprobar unha amnistía fiscal a favor dos grandes defraudadores mentres “trata aos nosos emigrantes retornados coma delincuentes”.

Lembra que “aínda está lonxe de resolverse” o problema destes emigrantes, condenados a pagar multas diante de Facenda por non ter declarado a súa pensión no estranxeiro, unha obriga da que “nunca foran informados”. A día de hoxe, sinala, continúan a recibir expedientes e notificacións de sancións a pesares das numerosas sentenzas xudiciais ditadas ao seu favor.

O PP, dixo, “busca defraudadores onde non os hai”, e “persegue aos emigrantes mentres non fai o mínimo esforzo con relación ás grandes bolsas de defraudadores”. Os socialistas reclamaran hoxe que o Goberno lles retire de oficio sancións inxustas e devolva os importes cobrados indebidamente, buscando “unha solución para os emigrantes galegos retornados” como insta a propia Comisión de Peticións do Parlamento.

Autónomos

O PP vetou tamén hoxe unha proposición non de Lei presentada polos socialistas galegos para incrementar as pensións galegas, sinaladamente no caso dos autónomos, que no momento de xubilarse tan só reciben 605 euros mensuais, “moi preto do índice de pobreza”. Advertiu que os galegos e galegas teñen as pensións máis baixas de todo o Estado, tan só por enriba de Estremadura.

Os galegos e galegas só perciben de media 778 euros mensuais, 143 menos que no resto de España, unha media que tan só será posible alcanzar en 70 anos debido ao máximo de revalorización anual do 0,25 por cento. Acusou ao PP de “castigar” aos pensionistas, primeiro impoñendo o copago farmacéutico, endurecendo as condicións de acceso á xubilación, e reformando o sistema público de pensións en 2013.

Os socialistas reclamaron hoxe pedirlle á Xunta un estudo sobre o impacto das baixas pensións na economía e na sociedade galega a medio e longo prazo, un plan específico para evitar as situacións de pobreza, e dirixirse ao Goberno do Estado para modificar o modelo económico de cara a incrementar os niveis salariais coa conseguinte suba das cotizacións e das pensións de xubilación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar