O PP veta medidas de actuación contra a seca

O PP veta medidas de actuación contra a seca

O PP veta medidas de actuación contra a seca

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe “medidas concretas” de actuación fronte á seca por parte da Xunta. No debate dunha proposta socialista, criticou que o Plan de Seca queda “desfasado” dende 2013 e lamenta o desleixo do goberno galego, carente de previsión nin planificación con 13 concas en prealerta e outras 6 en alerta.

Advertiu que “son necesarias medidas concretas” e instou ao goberno galego a “tomar decisión” logo de acumular 4 anos de retraso na planificación. Vilán lamentou o rexeitamento polo PP a esta proposta que pedía un plan de actuación “adaptado á gravidade da situación”, un protocolo de actuación entre os axentes con competencias e reclamarlle ao Estado a activación de medidas para a demarcación Miño – Sil.

A responsable socialista lembrou as advertencias das organizacións ecoloxistas, que teñen advertido dunha “política hídrica centrada na oferta ilimitada de auga”, sen incluír o cambio climático na xestión do recurso e permitindo a sobreexplotación de acuíferos, cando se trata dun recurso “limitado e moi variable”.

Vilán acusou ao goberno galego de centrarse na “publicidade e propaganda a maior gloria do presidente da Xunta”, pero “esquecendo verdadeiras campañas institucionais de información para que a poboación aprenda a utilizar mellor os recursos hídricos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar