O PP rexeita proposta socialista para realizar un estudo do uso alternativo dos portos das vilas

O PP rexeita proposta socialista para realizar un estudo do uso alternativo dos portos das vilas

O PP rexeita proposta socialista para realizar un estudo do uso alternativo dos portos das vilas

O PP rexeitou hoxe en Comisión a proposta non de lei da portavoz de pesca socialista, Loli Toja, que solicitaba un estudo para os usos portuarios de actividades alternativas que fomenten novas actividades para a mocidade así como a desestacionalidade do turismo na rexión.

Explicou que a resolución de setembro de 2017 de Portos de Galicia limita o uso público dos portos a actividades relacionadas exclusivamente co ámbito mariñeiro. “Só pódense celebrar festas tradicionais, que están moi ben, pero están a deixar ao pobo a non saír das súas tradicións sen poder crear novas propostas que procedan da mocidade”, declarou Toja.

Dixo que a limitación do uso dos espazos portuarios para deportes náuticos é un uso “elitista” das instalacións xa que a maioría da poboación está “lonxe economicamente” de poder custearse este tipo de pasatempo.

Puntualizou que “as rendas son máis baixas no rural e os deportes náuticos están fóra do seu alcance” e, engadiu, “a xente non quere que ocorra como no pasado que quedaban mirando como outros de fóra utilizábanas”, declarou antes de sinalar que “o maior problema que ten Galicia é o PP”.

“Todo isto non é máis que una forma de gobernar, no que se regula de costas ás persoas que conviven, traballan e sofren o resultado desas regulacións, e ao final una boa parte dos seus esforzos destínanse á adaptación a esas novas regulacións que parecen provir do descoñecemento e do sectarismo de Portos de Galicia”, espetou a portavoz socialista.

Así mesmo, continúa, a limitación establecida por Portos “prexudica á poboación máis nova especialmente, e así non imos atallar o problema demográfico de Galicia”. Explicou que “isto non é unha teima particular, perdeuse nun ano 10.000 habitantes e a pirámide demográfica está altamente envellecida”, contestou a socialista aos deputados populares.

O espazo portuario forma parte da vida cultural dos municipios e negar isto é descoñecer a realidade galega, non se debería limitar á realización de actividades como saída dunha maratón, una btt, una concentración de coches clásicos ou una saída turística”, concluíu a socialista.

Jromero

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar