O PP quere impoñer a tutela do goberno galego sobre o superávit dos concellos

O PP quere impoñer a tutela do goberno galego sobre o superávit dos concellos

O PP quere impoñer a tutela do goberno galego sobre o superávit dos concellos

A responsable de Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, rexeitou hoxe a tutela imposta polo PP aos concellos galegos, aos que lles impón utilizar o superávit para afrontar o pago das plusvalías. Así o dixo no debate dunha iniciativa que os socialistas rexeitaron logo de que o PP desbotara unha emenda do PSdeG para incorporar o acordo entre a Femp e o Ministerio de Facenda.

A responsable socialista reclamara que o goberno adaptara a normativa estatal do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana ao fallo da sentenza do Tribunal Constitucional que obrigaba á devolución das coñecidas como plusvalías indebidamente cobradas. Sinalou que a iniciativa do PP obriga a utilizar os remanentes dos concellos locais para un obxectivo non incluído no acordo con Facenda.

Lamentou que o PP se negara hoxe a aceptar unha emenda incorporando a esta iniciativa o contido do acordo entre o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias e o ministro de Facenda no sentido de desbloquear o uso do superávit das entidades locais en beneficio dos seus veciños e veciñas.

Criticou a negativa do PP porque “non lles gusta que o presidente da Femp chegara a un acordo con Montoro defendendo a postura unánime dos concellos de todo o Estado, non lles gusta que os concellos teñan autonomía, non lles gusta que non necesiten da tutela da Xunta de Galicia ou non queren que destinen 480 millóns de superávit en atender ás necesidades dos galegos e das galegas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar