O PP ofrece propaganda para a industria galega mentres Euskadi presenta un plan de 1.000 millóns

O PP ofrece propaganda para a industria galega mentres Euskadi presenta un plan de 1.000 millóns

O PP ofrece propaganda para a industria galega mentres Euskadi presenta un plan de 1.000 millóns

O portavoz de Industria do grupo socialista, Abel Losada, analizou en rolda de prensa a proposición de lei que vén de presentar o PP para implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que cualificou como unha nova aportación “do departamento de publicidade e propaganda” da Xunta sen compromiso orzamentario. Os socialista contrapuxo os escasos 2,5 millóns de euros en avais e préstamos aportados polo goberno galego nos primeiros seis meses deste ano co plan industrial que vén de presentar Euskadi, cunha dotación de 1.000 millóns de euros. “Estas son as diferenzas entre comunidades cunha política industrial solvente e o caso galego”, criticou.

Por outra banda, Losada censurou que o PP decidise presentar no Parlamento por vía de urxencia e a través do seu grupo unha proposición de lei que afecta a multitude de áreas modificando varias leis, e que realmente foi elaborada pola Xunta coa participación de todas as consellerías, como recoñeceu o conselleiro Francisco Conde nunha entrevista dun xornal, o que supón “non respectar a separación de poderes”. O socialista criticou que o goberno galego utilice estes “mecanismos espúreos” dos que non lembra precedentes para “saltarse todos os informes e controis en términos administrativos”, como os informes de control da legalidade, os informes de dotación económica e os informes da Xunta que si deben pasar as leis impulsadas desde o Consello da Xunta. Losada advirte de que “o principio de transparencia se rompe”.

O socialista lembrou que o seu grupo vén reclamando desde 2009 un plan industrial serio e con dotación económica suficiente nos orzamentos, e non unha proposta “fragmentaria e carente de control”, e adiantou o voto en contra do PSdeG á tramitación de urxencia. “Un plan serio, e non isto, leva sendo urxente desde 2009”, afirmou. Tamén censurou que a propia proposición de lei non expoña claramente todas as leis que se modifican e que se descoñeza a participación na mesma.

“A Xunta convida e os concellos pagan”

Como último aspecto a destacar, Losada criticou que esta proposición de lei do PP unha vez máis segue a máxima do goberno galego de que “a Xunta convida e os concellos pagan”, xa que traslada máis responsabilidades e competencias aos municipios que sen embargo non se traducen nunha dotación financeira maior para as entidades locais. Por todo isto “esta proposta do PP non substitúe a un plan industrial nun país occidental desenvolvido”, concluíu o socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar