O PP négase a rexenerar a ría do Barqueiro e poder recuperar as perdas

O PP négase a rexenerar a ría do Barqueiro e poder recuperar as perdas

O PP négase a rexenerar a ría do Barqueiro e poder recuperar as perdas

Pérez Seco denunciou que “o PP e Portos de Galicia non levan a cabo as súas promesas”

 

O deputado socialista, José Manuel Pérez Seco, lamentou o veto do PP a unha proposta do Grupo Socialista, na Comisión de Pesca, para levar a cabo a dragaxe ao completo da ría do Barqueiro, nos concellos de Mañón e O Vicedo, a cal está a sufrir os “efectos das correntes e temporais e ten unha gran cantidade de area acumulada”.

 

Pérez Seco alegou que “o calado é tan pequeno que na baixamar as embarcacións case non poden entrar en porto, tendo que esperar á preamar”. Do mesmo xeito, denunciou que “a devandita dragaxe leva pendente 5 anos e parece que este ano tampouco se vai levar a cabo”.

 

O deputado trasladou as preocupacións dos e das mariscadores da zona, dicindo que “esta situación afecta negativamente ao sector, pois a gran cantidade de area está a tapar os bancos de marisqueo, complicando a actividade dos profesionais”. Dixo tamén que “o número de postos de traballo está nunha situación límite, con tan só 15 persoas”.

 

Por outra banda, denunciou que “na actualidade case non hai capturas de ameixa, berberecho e navalla, aumentando só as da ostra rizada ou xaponesa, especie que se rexeitou durante décadas por ser invasora”.

 

É neste contexto, no cal o grupo Socialista reclama á Xunta que actúe na ría do Barqueiro, parando a “sangría biolóxica que está tendo alí lugar, rexenerándoa e recuperándose as perdas producidas”.

Sgonzalez

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar