O PP négase a mobilizar 550 millóns dos orzamentos para reducir as desigualdades, reactivar a economía e impulsar a creación de emprego

O PP négase a mobilizar 550 millóns dos orzamentos para reducir as desigualdades, reactivar a economía e impulsar a creación de emprego

O PP négase a mobilizar 550 millóns dos orzamentos para reducir as desigualdades, reactivar a economía e impulsar a creación de emprego

O portavoz de Economía, Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou hoxe a emenda transversal aos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2018. A proposta, que foi rexeitada polo PP, propuña mobilizar 550 millóns de euros para reducir as desigualdades, reactivar a economía e impulsar a creación de emprego e recuperar os servizos públicos.

O responsable socialista criticou a política económica do goberno galego, dirixida a garantir unha “chuvia de dividendos para os donos das empresas” a base de empobrecer ao conxunto da cidadanía. Sinalou a contradición deste plantexamento, xa que “as empresas non conseguen créditos porque as expectativas de consumo non medran” mentres a recuperación económica non reverta no conxunto da sociedade.

Reclamou “facer política para evitar a desigualdade” grazas á “cooperación activa do conxunto da sociedade” a través de impostos ás maiores riquezas para redistribuír as rendas.

Acusou ao PP de xustificar a desigualdade social, e lembrou neste sentido o artigo publicado por Rajoy no Faro de Vigo do 4 de marzo de 1983, no que sinalaba que “el hombre es esencialmente desigual, no solo en el momento del nacimiento, sino desde el propio instante de la fecundación”.

Propuxo así incrementar a recadación fiscal en 370 millóns de euros grazas aos impostos directos e medioambientais e aumentando a progresividade fiscal para as maiores fortunas e compensando a maior regresión e a desigualdade.

Ao mesmo tempo, defendeu cambiar as partidas orzamentarias de outros 180 millóns de euros, procedentes de “gastos innecesarios”, sinaladamente gastos improdutivos, relacionados coa publicidade e propaganda e gastos inmateriais.

Prioridades

O responsable socialista sinalou así as prioridades das propostas socialistas, que inclúen a reactivación das políticas activas de emprego e o reforzo de medios na sanidade e educación. Propón recuperar o reforzo dos programas de estudo de linguas estranxeiras e as bolsas de estudos, así como o combate contra a pobreza e a favor da integración social.

Os socialistas incluirán ademais programas medioambientais dirixidos sinaladamente á loita contra os incendios, centrados na prevención, así como no tratamento de augas e saneamento. Outro grupo de propostas irá dirixido ao impulso da actividade económica, incluíndo o reforzo do I+D+i ou a política de vivenda na Comunidade Autónoma.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar