O PP négase a explicar e consensuar o peche de centros educativos

O PP négase a explicar e consensuar o peche de centros educativos

O PP négase a explicar e consensuar o peche de centros educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta que explique os criterios para modificar a rede de centros educativos e consensuar coas comunidades educativas o peche de centros. Esta proposta incluía ademais establecer a discriminación positiva dos centros do rural.

Lembrou o peche, a finais do curso pasado, de catro centros de Outes, As Pontes, Ribadavia e Porriño, feito público despois de que remataran as clases co argumento, ironizou, “dunha estrema sensibilidade e para non afectar ao rendemento escolar no final de curso”. Advertiu que resulta “esperable que se se repiten aqueles feitos, nos atopemos con importantes modificacións que serán anunciadas nos últimos días do curso”.

O responsable socialista criticou a xestión por parte do goberno galego e do PP daquela decisión, cuestionando as protestas e derivando a unha “discusión semántica” para agochar o peche detrás dunha “desagregación, desdobramento, transformación, integración ou cambio de ensinanzas”.

Lamentou que esqueceran o “pifostio” que “organizaron os seus alcaldes co traslado transitorio de ensinanzas secundarias aos colexios” que rematou co “reinicio das clases en setembro con total normalidade”. Criticou tamén que o PP lembre o peche de 43 centros no goberno socialista do rural cando “tratábase de escolas unitarias sen alumnos” e os compare co peche “dun colexio enteiro”.

Luis Álvarez propuxo que a Xunta lle explique ao Parlamento os criterios para as eventuais modificacións na rede de centros, que adiante a publicación das ordes coas modificacións precisas e que as consensúen coas comunidades educativas afectadas.

Criticou que “non queiran facer da educación un asunto de país e segan dicindo que esta será a Lexislatura do Rural” mentres rexeitan propostas socialistas que reivindican unha “discriminación positiva nos centros de contornos rurais de xeito que se reverta a tendencia á perda de oferta educativa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar