O PP négase a equiparar a suba das pensións ao incremento do IPC

O PP négase a equiparar a suba das pensións ao incremento do IPC

O PP négase a equiparar a suba das pensións ao incremento do IPC

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe o veto do PP a unha moción socialista dirixida a equiparar a suba das pensións ao aumento do IPC. A responsable socialista acusou aos gobernos do PP de “concibir as pensións coma un gasto e nunca coma un dereito”.

Rodríguez Rumbo explicou que hoxe hai en Galicia 761.100 pensionistas recoñecidos polo Ministerio de Emprego, que perciben unha pensión media de 789,7 euros, 144 menos que a media do Estado. Sinalou que esta Comunidade Autónoma é a segunda coas pensións máis baixas de todo o Estado, tan só por enriba de Estremadura.

Advertiu que mentres no conxunto do Estado hai 1,92 cotizantes por cada pensionista, en Galicia hai 1,29 e a Xunta deixa sen gastar en cinco anos 539 millóns de euros dos programas de promoción de emprego.

Sinalou que estas partidas “terían mellorado as condicións de vida das familias deste país” e axudarían a contribuír para aumentar os ingresos para as pensións, mentres o goberno galego “pretende equilibrar o financiamento a través do recorte das pensións” mentres utilizan as cotizacións sociais “para o pago de conceptos distintos das pensións e do resto das prestacións do sistema”.

Censurou os “continuos ataques” dos gobernos do PP contra os pensionistas ao impoñer o copago farmacéutico, suprimir medicamentos do catálogo da Seguridade Social ou o endurecemento das condicións de acceso á xubilación dende 2013. Ao mesmo tempo, apuntou, mentes cos gobernos de Zapatero o Fondo de Reserva da Seguridade Social aumentou en 67.000 millóns de euros, Rajoy reduciuno en 58.720 entre 2012 e 2017.

Ademais, a partires da Lei 23/2013, o PP impuxo un incremento das pensións –factor de sostibilidade- do 0,25 por cento, provocando que cunha inflación do 2 por cento, a perda de poder adquisitivo destas persoas supoña un 17,5 por cento en 10 anos ou do 30 por cento en 20, nunha etapa na que xa non poden xerar rendas complementarias.

Mellora das pensións

Sinalou que “cando gobernamos os socialistas, os servizos públicos melloran e son de calidade, pero cando goberna o PP padecen un deterioro importante porque non cren neles e tan só buscan o beneficio económico e nunca a rendibilidade social”.

A responsable socialista presentou unha proposta para derrogar a dita Lei 23/2013 que regula o factor de sostibilidade e o índice de revalorización do sistema de pensións da Seguridade Social , ademais de incrementalas de acordo co crecemento do IPC previsto do 1,6 por cento.

Ademais, reivindicou un acordo social e político no seo da Mesa de Diálogo Social e do Pacto de Toledo “sobre un índice de revalorización das pensións tal que garanta o poder adquisitivo para o futuro, e se introduzan novos mecanismos que permitan acadar o principio de equilibrio orzamentario entre ingresos e gastos do sistema da Seguridade Social”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar