O PP négase a ampliar as enfermidades incapacitantes suxeitas a axudas públicas

O PP négase a ampliar as enfermidades incapacitantes suxeitas a axudas públicas

O PP négase a ampliar as enfermidades incapacitantes suxeitas a axudas públicas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para pedirlle ao Goberno central ampliar o número de enfermidades incapacitantes suxeitas a prestacións públicas. O responsable socialista lamentou a “falla de comprensión e de corazón á hora de facer política” por parte do PP.

Torrado presentou esta iniciativa logo de que os catro grupos aprobaran unha iniciativa conxunta na Cámara autonómica, horas antes de que o PP se abstivera no Congreso dos Deputados. O responsable socialista lamentou que o que o PP amosou o seu interese en participar dunha iniciativa conxunta en Galicia “que rematou nun compromiso roto” para impedir “facerlle a vida o máis digna posible” aos enfermos e ás súas familias que “de verdade o necesitan”.

Censurou que a posición dos “populares” no debate de hoxe, así como naquela no Congreso, demostra que a iniciativa aprobada en febreiro na Cámara autonómica supuña “un lavado de cara”. Advertiu que “cando temes o peor do PP quédaste corto” e reivindicou un “pequeno cambio legal que suporía un cambio radical na vida de moitas persoas”.

Ampliar os beneficiarios

Nesta proposta reclamaba incluír enfermidades que non poidan ser diagnosticadas pero que aínda así son incapacitantes e polo tanto os doentes e as familias necesitan destas axudas. Torrado urxiu a “facer leis para as persoas e non para as palabras”, e axudar ás familias vítimas de situacións cunha dificultade vital clara, horrible, e cun sufrimento persoal enorme”.

Tamén lle pediu á Xunta a comprometer o aumento da partida orzamentaria dedicada á investigación sanitaria para finalizar a lexislatura cun incremento dun 20 por cento o previsto no ano 2016.

Si que foi aprobado por unanimidade un apartado desta iniciativa na que lle pedía á Xunta que se dirixira ao goberno central para ampliar o catálogo de enfermidades incapacitantes recoñecidas no Real Decreto 1148/2011 e polo tanto suceptibles de recibir prestacións por coidado de menores.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:

- “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que revise e actualice o catálogo de enfermidades recollidas no Real Decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenrolo, no sistema de Seguridade Social, de prestación económica por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar