O PP négase a acordar subtítulos en galego coas novas plataformas audiovisuais

O PP négase a acordar subtítulos en galego coas novas plataformas audiovisuais

O PP négase a acordar subtítulos en galego coas novas plataformas audiovisuais

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista dirixida a pedirlle á Xunta que asinara convenios coas novas plataformas audiovisuais para habilitar subtítulos tamén en galego das novas películas e series. Burgo presentou esta proposición non de Lei na Comisión de Cultura do Parlamento celebrada hoxe.

A responsable socialista cualificou de “humillante” que haxa subtítulos dispoñibles en catalán e euskera, grazas aos convenios asinados entre os seus respectivos departamentos de Normalización Lingüística e as novas plataformas. Mentres, o departamento galego persiste no seu “proceso de negación absoluta dos métodos máis actuais de fomento do uso da nosa lingua”.

Criticou que “dende 2009 estean descendendo os orzamentos para normalización lingüística, sinaladamente no audiovisual”, o que “retrata a vontade política que teñen de levar adiante o proceso de normalización lingüística”. Criticou que tódolos anos asinen axudas cos medios privados de comunicación, tamén relativos ao fomento do uso da lingua, pero “non queren facer nada” coas plataformas audiovisuais.

Máis que nós

Preguntou polos motivos do goberno galego para amparar esta situación, na que os cataláns e vascos “teñen máis que nós” á hora de achegarse aos produtos audiovisuais en versión orixinal e con subtítulos na lingua propia de Galicia, a única que carece deste servizo que ademais “lograríase con moi pouco orzamento”.

Concepción Burgo puxo como exemplo o convenio dos gobernos catalán e vasco coa plataforma Movistar+, pola que entre 2014 e 2016 puideron dispoñer de subtítulos para 230 películas e 20 series en catalán e 100 películas e 11 series en euskera, unha cifra que quedou pequena pola elevada oferta que hai hoxe. Lamentou que “o resume das películas e series con subtítulos en galego é ben curto: hai cero”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar