O PP impide regular os dereitos dixitais en Galicia

O PP impide regular os dereitos dixitais en Galicia

O PP impide regular os dereitos dixitais en Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que regule as vontades dixitais e a creación dun Rexistro de Vontades Dixitais. Os socialistas alertaron na Comisión de Xustiza do baleiro legal neste campo e reclamaron regular as disposicións para extinguir os entornos dixitais logo do falecemento ou incapacidade xudicial dunha persoa.

Vilán advertiu que a regulación actual evidencia “claras limitación para atender ás necesidades actuais de garantía dos dereitos dixitais dos cidadáns”. Hoxe “non hai resposta a estas cuestións, polo que convén establecer unhas normas que permitan determinar a cada persoa como debe administrar o seu legado persoal en relación cos seus dereitos dixitais”.

Esta situación replícase no Estado e tamén en Galicia, onde a Lei de Dereito Civil de 2006, que regula a sucesión por causa de morte, “nada di sobre as vontades dixitais das persoas”. Estas “poderían regularse a través dalgunha das formas de testamento que a propia Lei regula, mediante pactos sucesorios ou incluso a través das disposicións testamentarias especiais”.

Os socialistas reclamaban hoxe a regulamentación das vontades dixitais “ben nas formas sucesorias que regula a Lei de Dereito Civil ou ben na forma dun documento de vontades dixitais que se ha de inscribir no Rexistro de Vontades Dixitais creado a tal efecto”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar