O PP impide investigar as causas e mellorar os controis da praga da pataca

O PP impide investigar as causas e mellorar os controis da praga da pataca

O PP impide investigar as causas e mellorar os controis da praga da pataca

O Portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para investigar as causas da expansión da couza guatemalteca e intensificar e mellorar os controis fronte a esta polilla que afecta á pataca galega.

Pérez Seco criticou a “mala xestión” do goberno galego fronte á praga da Couza Guatemalteca xa que, afirmou, “estamos a falar dunha iniciativa que debería estar resolta” e “unhas medidas que tamén deberían estar resoltas”. Manifestou que a Xunta “fixo unha previsión fracasada, pois no 2015 xa era coñecedora da presenza da couza”.

O deputado denunciou que “Medio Rural non executou todas as partidas que ten destinadas para os afectados pola praga, soamente executou o 60 por cento”, e subliñou que as medidas son “ineficaces”.

Do mesmo xeito, rematou facendo referencia á “preocupación dos afectados e a xeración dunha situación de descoñecemento nas zonas limítrofes ás afectadas”. Fixo referencia ó caso de Muxía, onde “se coñeceu pola prensa que estaba afectado pola couza guatemalteca”.

Co exposto, solicitou á Xunta de Galicia que “se investiguen as causas de porqué se expandiu esta praga a concellos non afectados” e pediu que “se intensifiquen e melloren os controis”. O PP manifestouse en contra disto e votou en contra.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar