O PP impide fixar prazos para construír o Centro de Saúde de Melide, adiado reiteradamente dende 2011

O PP impide fixar prazos para construír o Centro de Saúde de Melide, adiado reiteradamente dende 2011

O PP impide fixar prazos para construír o Centro de Saúde de Melide, adiado reiteradamente dende 2011

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou o veto por parte do PP a unha iniciativa presentada polo PSdeG na Comisión de Sanidade para pedirlle á Xunta prazos para construír o Centro de Saúde de Melide. Lembra que a infraestrutura ven sendo anunciada en época electoral e adiada reiteradamente dende 2011.

O responsable socialista reclamaba hoxe pedirlle ao goberno galego “comprometer un calendario concreto de actuacións a desenvolver para a construción do novo centro de saúde de Melide e asignar unha partida orzamentaria suficiente para a súa construción e posta en funcionamento”, o que foi rexeitado polo PP. Cualificou de “obsceno e impresentable” o anuncio reiterado por parte da Xunta “sen dotación orzamentaria”.

Denunciou a “utilización dos orzamentos da Xunta para facer promesas que non se compren dunha forma flagrante, obscena e impresentable”, e acusou á Xunta de realizar o proxecto técnico pero “sen ter a titularidade dos terreos nin prazos para a súa execución”. Dixo que a pesares dos repetidos anuncios, “coincidindo coas sucesivas convocatorias electorais”, o proxecto segue sen estar iniciado”.

Torrado considera “sangrante” que o Concello, gobernado polo PP, se preste a facer anuncios e compromisos sen concretar “cando hai multitude de concellos con necesidades polo menos igual de relevantes nos que a Consellería amosa unhas enormes dotes de escapismo e hipocresía para non comprometerse”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar