O PP impide axilizar o PXOM de Silleda

O PP impide axilizar o PXOM de Silleda

O PP impide axilizar o PXOM de Silleda

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, acusou hoxe ao PP de impedir axilizar a aprobación do PXOM de Silleda, que acumula unha tramitación de nove anos. Así o dixo logo de que o PP votara contra unha proposición non de Lei presentada en Comisión polo PSdeG para axilizar o trámite e mesmo pedir a súa aprobación parcial.

A responsable socialista explica que a aprobación definitiva do Plan depende dun informe do Ministerio e outro de Augas de Galicia, que require da demostración e xustificación dos suficientes recursos hídricos. Pierres considera que este requisito “non ten sentido” en Silleda, logo de que o goberno galego non puxera en dúbida o incremento de chan urbanizable, que ademais non require dunha nova demanda de auga.

Sen embargo, Augas de Galicia ten respondido rexeitando a documentación achegada dende o Concello, “ignorando as alegacións e documentación aportada sobre a legalización das traídas”. Con esta decisión aboca ao Concello a unha nova demora de dous anos “so para cumprir cunha demandada legalización mediante rexistro das captacións que se entenden xa máis que demostradas”.

Pierres censurou o “despropósito da actuación de Augas de Galicia” que levou ao Concello mesmo a aprobar, o pasado 31 de maio de 2018, que “no caso de que non se atenda dende a Consellería á axilización dos trámites restantes, o Concello delegue na Dirección Xeral de Urbanismo as xestións pendentes para a aprobación definitiva”.

Os socialistas reclamaron hoxe pedir a mediación da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio cos organismos involucrados coa tramitación do PXOM para atopar solucións de cara á súa aprobación total ou mesmo parcial. Tamén reclamaba unha xuntanza entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello para atender á petición de delegar as xestións pendentes na Dirección Xeral de Urbanismo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar