O PP desbota a oferta de consenso para reformar a rede de centros educativos

O PP desbota a oferta de consenso para reformar a rede de centros educativos

O PP desbota a oferta de consenso para reformar a rede de centros educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento celebrado hoxe na que lle reclamou á Xunta que consensúe a rede de centros coa comunidade educativa para “garantir de forma efectiva a igualdade de oportunidades de toda a poboación” de Galicia.

O responsable socialista criticou que o goberno galego pasara de consensuar a rede de centros nos anos 90 a afrontar unha modificación “curso a curso sen máis planificación que a mera oportunidade”. Aludiu así ao peche e integración dos centros educativos de As Pontes, Outes, Ribadavia e Porriño, comunicada dous días antes do remate do curso pasado.

Álvarez lamentou que a Consellería de Educación demostra con estes casos que “non é precisamente un faro do diálogo que debe presidir unha política de país como é a organización da rede de centros”. Reclamou altura de miras tanto ao PP como ao Executivo para consensuar unha modificación necesaria para modificar a rede con criterios obxectivos.

Censurou a falla de resposta do goberno de Feijóo á realidade actual da rede de centros, que ten que atender a 6.500 alumnos menos que en 1998, derivado da crise demográfica e que se traduce na “redución da oferta educativa e desmantelamento deste servizo público”. Sinalou que se trata dunha “cuestión de país, de política con maiúsculas e un compromiso político que debemos asumir”.

O parlamentario socialista engadiu que a rede de FP, pola súa banda, “non está adecuada á nosa realidade produtiva, que no mellor dos casos, cando existe oferta formativa, estamos preparando alumnos que non terán colocación laboral no seu entorno”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar