O PP apoia a Lei de Portos de Galicia, deseñada para darlle "barra libre" ás concesións privadas

O PP apoia a Lei de Portos de Galicia, deseñada para darlle "barra libre" ás concesións privadas

O PP apoia a Lei de Portos de Galicia, deseñada para darlle “barra libre” ás concesións privadas

A portavoz de Portos do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamou hoxe a retirada do proxecto de Lei de Portos de Galicia por “desfasada e decepcionante” e por garantir “barra libre ás concesións privadas”. Así o dixo no debate da toma en consideración desta Lei presentada polo goberno galego, que comezou o trámite parlamentario grazas aos votos do PP e coa oposición dos socialistas galegos.

A responsable socialista advertiu que a norma “non clarifica a cuestión concesional”, establecendo “50 anos de concesión, fronte á normativa europea que establece que para aquelas que duran máis de 5 anos, a duración terá que fixarse en función da recuperación do investimento realizado”.

Toja contrastou esta norma coa concesión do Hospital privado de Vigo, unha obra adxudicada por importe de 315 millóns que será amortizada durante 20 anos cunha cota anual de 40 millóns polo investimento. Sinalou que “o investimento dunha obra portuaria dende logo será moito menor deses 351 millóns, pero para aquel investimento faise unha concesión de 20 anos, e este proxecto está falando de 50”.

Advertiu que a norma sitúase “lonxe da normativa comunitaria, e lonxe tamén da defensa dos intereses xerais, pero lamentablemente preto dos intereses privados, con formulacións demasiado xenerosas, que benefician aos de sempre”.

Resumiu que se trata dun texto “desfasado, decepcionante, que non contempla unha planificación sobre o sistema portuario, que suporá aínda menos transparencia para Portos de Galicia e deixa ás administracións locais nun segundo plano”. Non contemplan, dixo, ningún plan de investimento a realizar, xa que de 9,7 millóns orzamentados só se investiron 4,2, o que significa que o 56 por cento dos orzamentado quedou sen executar.

Toja explicou que se trata dunha norma que leva xa tres anos de tramitación no Executivo autonómico, garantindo que “moitos dos informes presentados en orixe estean desfasados”. Ademais, considera que se trata dun texto “decepcionante” que, a pesares da súa extensión -147 artigos- non supón impacto orzamentario, social ou ambiental, e que deixa sen regular aspectos como as taxas portuarias.

Criticou que continúa a “baseada nun modelo de portos como entidade pública empresarial, o que entre outras cousas permitirá crear un número indeterminado de empresas públicas portuarias". Explica que Portos obtén os seus recursos “vía taxas e subvencións" que terá como inconveniente que a información é moito menor e tamén o control parlamentario moito máis complicado.

Finalmente, advertiu que a proposta de Lei “non contempla a necesaria coordinación e participación das administracións locais, e incluso pode colisionar co principio de autonomía local”. Neste sentido explicou que “deixa ás administracións locais nun segundo plano, impoñendo consideracións urbanísticas peculiares, problemáticas e non pactadas, prexudicando ás administracións locais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar