Posible pelotazo do sogro de Baltar na venda do Pazo de Chaguazoso a Mario Conde

Posible pelotazo do sogro de Baltar na venda do Pazo de Chaguazoso a Mario Conde

Posible pelotazo do sogro de Baltar na venda do Pazo de Chaguazoso a Mario Conde

A deputada socialista Noela Blanco acusou hoxe á Xunta de “intentar agochar un posible pelotazo” do sogro de Baltar e ex alcalde de A Mezquita, Gabriel Caldelas, coa rehabilitación e venda da antiga reitoral de Chaguazoso ao empresario actualmente detido Mario Conde. Así o dixo logo da resposta da Xunta na que admite as irregularidades nas axudas concedidas para a rehabilitación do inmoble en 1998.

O goberno galego admite ter confirmado a inactividade da reitoral en 2013, sancionando ao titular do establecemento por incumprir a obriga de dedicar o inmoble a turismo rural durante os 15 anos posteriores a ter recibido as axudas públicas. Blanco reclama saber se a sanción que hoxe anuncia a Xunta “pretende ser a maquillaxe coa que tapar un posible pelotazo da familia de Baltar”.

A deputada socialista sinala que en realidade o establecemento non estaba sendo dedicado ao turismo rural por moito que figurara na oferta turística da Xunta a lo menos dende o momento en que foi adquirida por Conde, e quere que o goberno galego clarifique se o establecemento foi dedicado a esta fin mentres era propiedade do sogro de Baltar.

Reclamará ademais as facturas que confirmen que as axudas que Caldelas percibiu, un total de 490.000 euros procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural -incluíndo os 120.000 euros do goberno galego- foron efectivamente destinadas á rehabilitación das instalacións.

Devolver as axudas

Blanco esíxelle ao goberno galego que clarifique ademais se a obriga de devolver as axudas afecta tamén ao beneficiario inicial das axudas, o familiar de Xosé Manuel Baltar, se esta obriga afecta tamén á contía recibida da UE e se lle ten dado conta desta situación ás autoridades comunitarias encargadas de loitar contra a fraude e a corrupción.

Advirte do “escurantismo” co que o goberno galego ten tratado esta fraude ás arcas públicas, que a Xunta agochou ata que foron os socialistas os que presentaron unha pregunta parlamentaria. Sinala que o goberno de Feijóo “debe aclarar se houbo algunha cooperación pola súa parte para que este persoeiro ocultara responsabilidades polos delitos que lle imputa a Audiencia Nacional”.

A responsable socialista reclama que o goberno galego “despexe tódalas dúbidas diante de calquera tipo de relación triangular de cooperación entre Baltar, Feijóo e Mario Conde no referente á dita casa rural”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar