Pose sinala que Galicia é a terceira autonomía que menos aforra en gasto farmacéutico a pesar do catálogo de medicamentos

Pose sinala que Galicia é a terceira autonomía que menos aforra en gasto farmacéutico a pesar do catálogo de medicamentos

Pose sinala que Galicia é a terceira autonomía que menos aforra en gasto farmacéutico a pesar do catálogo de medicamentos

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, que Galicia é unha das autonomías que menos aforran en gasto farmacéutico a pesares do catálogo priorizado de medicamentos. Así o dixo nunha Pregunta oral sobre o aforro farmacéutico na Comisión de Sanidade do Parlamento.

Pose dixo que fronte a unha diminución do gasto por receita en toda España, entre abril de 2010 e 2011, dun 18,65 por cento, mentres Galicia diminuíu un 15 por cento. Explicou que isto significa que “somos a terceira autonomía con peor comportamento gastando cada mes un 3 por cento mais -3 millóns de euros- que a media estatal”.

Esta situación coincide, engadiu, coa restrición de fármacos para os doentes galegos porque “seguen utilizando o catálogo priorizado de medicamentos suspendido polo Tribunal Constitucional”. Dixo que estes datos evidencian que o recorte do gasto farmacéutico debeuse ás medidas postas en marcha polo Goberno central, como o control de gasto, prezos de referencia, redución de prezos e negociación coa industria.

O responsable socialista dixo que a conclusión é que mentres Galicia acadou un crecemento do gasto farmacéutico do 0,7 por cento en 2010, na media do Estado este descendeu un 2,36 por cento.

Débeda en fármacos

O portavoz de Sanidade esixiu hoxe á Xunta que explique por qué Galicia é a Comunidade Autónoma que mais incrementou a súa débeda en fármacos no primeiro trimestre, de acordo cos datos de Farmaindustria. Lembrou que de acordo con estes datos Galicia debe 236 millóns en fármacos e conta cunha demora de 217 días no pago.

Reclamou ao presidente da Xunta que explique as súas declaracións desmentindo os datos das farmacéuticas e “por qué Farmaindustria ten esa inquina especial a Galicia” para, segundo Feijóo, dar datos falsos. Advertiu así que a pesares das declaracións triunfalistas emitidas dende o Executivo “cando saen os datos comparados a realidade non é así”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar