Pose reclama á Xunta que paralice a privatización do servizo loxístico do Sergas

Pose reclama á Xunta que paralice a privatización do servizo loxístico do Sergas

Pose reclama á Xunta que paralice a privatización do servizo loxístico do Sergas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, defendeu hoxe unha moción para que a Xunta paralice a privatización do servizo loxístico integral do Sergas, anunciado no pasado mes de maio e que custará 89 millóns de euros. Pose explicou que esta decisión da Xunta “carece de estudo e dunha mínima análise económica que xustifique” esta decisión.

No debate desta moción, que foi rexeitada polo PP, o parlamentario socialista amosouse favorable ás medidas de mellora da xestión, pero esixiu “decisións fundamentadas e liberadas de apriorismos”, e explicou que mentres o Goberno galego eluda ofrecer explicacións “confirma que isto é unha chapuzada”. Reclamou así coñecer en qué produtos e a qué centros vai afectar este suposto aforro.

Pose tamén se amosou a favor de realizar “compras centralizadas” cando supoñan aforro, tal e como fixo o goberno socialista na pasada lexislatura, pero engadiu que “haberá que comprar os produtos que demostren un aforro logo dun estudo minimamente serio”. Dixo que os 89 millóns de euros que custará esta contratación “tampouco son unha tontería, polo que merecen un mínimo estudo para tomar a decisión”.

Sinalou a “preocupación” xerada pola propia conselleira, cando no debate da Interpelación que motivou a iniciativa de hoxe dixo que “ían substituír 20 almacéns pequenos por un centralizado grande e que ían modificar mais de 200 contratos para centralizalos nun só” pero eludindo concretar “os produtos afectados nin o volume de compra”.

Por este motivo advertiu que o anuncio desta licitación, que supostamente produciría un aforro ao Sergas, “constitúe un anuncio de prensa, un titular de periódico” sen ningún tipo de soporte documental que o avale.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar