Pose pide a retirada do catálogo e ofrecen apoio á Xunta para a posta en marcha da prescripción por principio activo

Pose pide a retirada do catálogo e ofrecen apoio á Xunta para a posta en marcha da prescripción por principio activo

Pose pide a retirada do catálogo e ofrecen apoio á Xunta para a posta en marcha da prescripción por principio activo

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Modesto Pose, pediu á conselleira Pilar Farjas que retire o catálogo de medicamentos e ofreceulle o apoio do PSdeG para colaborar na posta en marcha do sistema de prescripción por principio activo “cando queira aceptar a realidade e rectificar”.

Pose sinalou que o catálogo de medicamentos “non nos levou a ningunha parte” e lembrou que os socialistas galegos defenderon dende o primeiro momento o que onte dixeron as comunidades autónomas no Consello Interterritorial de Saúde; que o sistema de prescripción por principio activo é o mellor instrumento para conseguir un aforro no gasto farmacéutico real e sinxelo.

Pose sinalou que “as comunidades gobernadas polo PP deixaron soa á conselleira na súa teimudez co catálogo de medicamentos, e lle dixeron a Farjas que non estaban dispostas a elaborar catálogos en cada comunidade”. “Dixéronlle a Farjas o que xa viñamos afirmando dende o PSdeG, que o sistema de prescripción por principio activo é a mellor fórmula porque supón unha reducción substancial do gasto e non implica discriminación no acceso a ningún fármaco”.

Pola contra, apuntou que o catálogo de medicamentos da Xunta se demostrou “pouco eficaz, porque houbo comunidades que sen contar co catálogo aforraron máis o gasto que Galicia; e ademais de complexo, porque significa elaborar un catálogo cada vez que se modifica un prezo de referencia; e de dubidosa legalidade, xa que aínda non houbo sentencia do TC sobre a posible invasión de competencias do Estado”.

Pose lamentou que Farjas “nos levase a facer o ridículo” porque “o que todo o mundo espera é que a conselleira aborde os temas con rigor e con certo criterio científico”, e apuntou que a actitude da conselleira “nos leva a ter que empezar de novo o camiño”.

Por elo, ofreceu a colaboración dos socialistas galegos “para arrimar o ombro e facer o que se tiña que ter feito dende o principio: poñer en marcha o sistema de prescripción por principio activo” cando a conselleira “decida aceptar a realidade e rectificar” retirando o catálogo de medicamentos.

“Entedemos que á conselleira lle custe rectificar despois de tanta tinta como gastou para publicar falsedades sobre as vantaxes do catálogo”, dixo Pose, e engadiu que “Feijóo verá o que fai co seu goberno, non nos corresponde a nos, aínda que os socialistas pensamos que está absolutamente desacreditada”.

Listas de esperaPose aludiu tamén aos datos das listas de espera para intervención cirúrxica e consulta hospitalaria, e sinalou que a Consellería “segue a mesma dinámica que co catálogo, e ofrece datos e valoracións aos medios de comunicación antes de publicalos oficialmente na web do Sergas, dando ademais valoracións totalmente incertas”.

Así, sinalou que “as valoracións da Consellería inclúen datos positivos facendo referencia ás prioridades un e dous; que non saen nos datos da web porque non existen as prioridades un e dous nas estadísticas do mundo sanitario”.

Preguntouse ademais como é posible que os xornais publiquen comparativas da atención a pacientes de prioridade un e dous dende o ano 2005 “cando a propia conselleira contestou en sede parlamentaria que os criterios de prioridade un e dous estaban en elaboración”.

“A única explicación, e que se inventen os datos”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar