Pose: "Louzán é a proba evidente de que as deputacións son totalmente prescindibles"

Pose: "Louzán é a proba evidente de que as deputacións son totalmente prescindibles"

Pose: "Louzán é a proba evidente de que as deputacións son totalmente prescindibles"

O deputado do Grupo Socialista, Modesto Pose dixo hoxe que as propostas do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzan, coinciden moi pouco coa labor que fai. Asegura ademais que Louzan é a proba evidente de que as Deputacións son absolutamente prescindibles.

O parlamentario socialista fixo esta afirmación na Comisión 3ª do Parlamento, na que interveu o Presidente da Deputación de Pontevedra para presentar a memoria dos seus orzamentos.

Pose aludiu ao recorte que anunciou Louzan o ano pasado, sobre a debelada os 13.5 millóns da Deputación, e asegurou que “non cumpriu e non se reduciu a débeda, xa que este ano descendeu”. E insistiu nas súas criticas as contas sinalan que “hai igual orzamento e igual débeda”. O deputado pontevedrés dixo que o nivel de endebedamento da Deputación de Pontevedra pode compararse co do Alcalde de Madrid, da Comunidade Valencia ou incluso con Galicia “e aínda encima veñen de austeros”, espetou.

E envioulle unha mensaxe “si a transparencia é o que vostede propón na Deputación pídolle que se faga opaco”, ironizou. Por iso aseverou que a etiqueta de austero “debe de caerlle, porque os cidadáns teñen que saber que fan unha cousa e predican outra”.

No que se refire aos remanentes explica que hai cantidades de recursos que “non se executan, e que ten a Deputación petada”. Afirma que gasta en persoal 36 millóns de euros, nun orzamento de 142 millóns de euros, por iso cualificouno como “gasto moi elevado”. A maiores preguntoulle donde traballa todo este persoal, e acusouno de ter traballadores da Deputación de Pontevedra “distribuído por algún Concello moi significado da provincia”.

Consello de Contas

Tamén quixo coñecer si a Deputación de Pontevedra entregou as contas do ano 2010 ao Consello de Contas. Neste punto tamén reclamou explicacións sobre o Plan de anticrisis, cun importe de 70 millóns de euros, quere saber a quen se contratou, como, cando, onde e que obras e as empresas que se contrataron. Pose criticou que Louzan “concentrou tódalas adxudicacións do Plan e poucas empresas”, co fin de que unha mesma empresa puidera repetir nas adxudicacións.

Organismos autónomos endebedados

Sobre os organismos autónomos que ten a Deputación de Pontevedra “replica que dos 8 que ten, 5 están endebedados”. E advirte que “hai sentencias pendentes como a do Polígono de Barro ou a do recheo do Porto de Marin “e gustaríame saber como vai facer fronte a estas reclamacións económicas”. Dixo que o Polígono de Barro “fíxose en plan chapuza”.

E por ultimo preguntoulle en que pobo de Pontevedra inaugurou Rafael Louzan a luz eléctrica. E resumiu “para que sirve unha Delegación da Deputación de Pontevedra en Vigo” xa que asegura “so serve para contraprogramar as obras da alcaldía de Vigo ”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar