Pose esixe a Feijoo que non poña trabas para acceder a tarxeta sanitaria do Sergas

Pose esixe a Feijoo que non poña trabas para acceder a tarxeta sanitaria do Sergas

Pose esixe a Feijoo que non poña trabas para acceder a tarxeta sanitaria do Sergas

.

portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria na que reclama ao Goberno de Feijoo que non poña trabas para o exercicio do dereito á asistencia sanitaria da cidadanía galega e facilitar a tarxeta sanitaria do Sergas, sen mais requisitos co de residir nun municipio de Galicia. Pose denuncia un excesivo “celo” profesional da Administración Autonómica para obter o documento, asegura “que isto é unha ilegalidade e un descoñecemento da lexislación” . E dixo que a “única teima dos populares son as persoas que peor lles vai na vida”, insistiu.

 

O portavoz de Sanidade sinalou,que rexistrou esta proposición,tras coñecer por medio de moitos cidadáns en situación de paro, emigrantes retornados ou mulleres divorciadas, que persoal da Consellería de Sanidade nos Centros de Saúde da nosa Comunidade, están transmitindo que non teñen dereito a asistencia sanitaria, remitíndoos ás oficinas da Seguridade Social.

 

Así as cousas o deputado advirte que existe lexislación sobrada para considerar o dereito á atención sanitaria como un dereito cidadán, e puntualiza que non é preciso estar de alta na Seguridade Social, polo tanto afirma que “non necesitan buscar ningún familiar do que depender para exercer ese dereito á asistencia, só ten que acreditar a súa residencia nun municipio de Galicia”. Pose asegura que incluso as persoas embarazadas e os nenos teñen dereito a asistencia sanitaria sen residir na nosa Comunidade.

 

A maiores subliñou que a lexislación actual prevé que todo cidadán residente en España ten dereito a obter un cartón sanitario, e puntualizou que hai unha lexislación específica en Galicia adoptada nese sentido a Lei 8 do 2008, que sinala  que poden obter este documento calquera persoa residente na Comunidade.

 

Areas sanitarias

 

Na súa intervención ante os medios tamén se referiu as areas sanitarias de Galicia. Lembrou que o PSdeG-PSOE presentou unha batería parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo “claridade, transparencia e deixar de enganar e mentir á cidadanía”. Dixo que o Goberno Autonómico ten a competencia para reestruturar as areas sanitarias, pero insistiu nas súas criticas “pero non ten dereito a dicir unha cousa e facer outra, enganar e ter un galimatías en Galicia, no que ninguén sabe nin o cometido destas areas”.

 

Tamén criticou as malas previsións da Xunta para organizar as vacacións dos sanitarios galegos. Pose dixo que hai “unha desorganización” que ten como consecuencia que moitas localidades costeiras de Galicia “están desasistidas”, e donde o incremento de poboación supera ao habitual.

 

Hospital de Pontevedra

 

Aludiu ademais a construción do Hospital de Pontevedra. Reclamoulle ao Goberno de Feijoo que sexa austero e que razoe “non fai falla que constrúa este Hospital”, xa que asevera “que a sostibilidade deste centro conleva mais problemas que solucións”.

 

Consello de Contas

 

Por ultimo tamén se referiu ao Informe do Consello de Contas, e puntualiza que o incremento do gasto sanitario refírese ao período 2002-2008, o que quere dicir “que non comprende so o período do Goberno de Pérez Touriño”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar