Pose di que o cambio das unidades mobiles de detención precoz de cancro mama en unidades fixas “supón un recorte máis na sanidade publica”

Pose di que o cambio das unidades mobiles de detención precoz de cancro mama en unidades fixas “supón un recorte máis na sanidade publica”

Pose di que o cambio das unidades mobiles de detención precoz de cancro mama en unidades fixas “supón un recorte máis na sanidade publica”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose díxolle hoxe ao Director Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Publica que puido aforrar a súa comparecencia na Cámara Autonómica, na que compareceu hoxe para dar explicacións sobre a posta en marcha das unidades fixas de cribado de cancro de mama.

O portavoz de Sanidade criticou que o responsable autonómico non dera ningún resultado do programa de screening de mamografía de cribado “para iso non nos conte nada”, espetou Pose.

Lembra ademais que esta patoloxía é de máxime interese para a cidadanía, por iso sinala que a día de hoxe a mamografía é un método vital para a detención precoz do cancro, por iso insistiu “queremos datos da nosa Comunidade”. “Queremos sabre que esta pasando”, resumiu.

O parlamentario socialista preguntoulle ao Director Xeral si en Galicia “si hai rexistro de tumores?”, para coñecer o que esta pasando.

Coste -beneficio

Sobre o único dato que deu na súa comparecencia sobre o aumento da participación, emprazouno a falar de resultados. Dixo que desde o ano 1992 que se implantou ese programa xa se pode falar de resultados, “sobre a reducción do cancro mama, porque senón gastamos recursos sen saber os resultados”.

Tamén preguntou si existe algún análise por parte da Xunta de coste-beneficio, do que supón esta programa.

Pose quere saber o efecto na cadea, é dicir “unha vez detectado un posible cancro de mama, cando tempo se tarda na confirmación diagnostica, para biopsia, anatomía patolóxica ou para operarse?”.

Asegura que a decisión do Goberno de Feijoo de mudar as unidades móbiles de detención precoz de cancro de mama en unidades fixas “supón un recorte mais na sanidade publica de Galicia e polo de agora non deu ningún resultado”. Asegura que non se pode estar satisfeito so co aumento da participación senón cos resultados.

O portavoz de sanidade afirma que o PSdeG non esta en contra do programa, senón que reclama explicación sobre a xestión do mesmo. E enviou unha mensaxe á responsable do PP “os datos son do administración autonómica e non do Partido Popular”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar