Pose critica o abandono da prevención e tratamento precoz da demencia e demanda maior compromiso da Xunta

Pose critica o abandono da prevención e tratamento precoz da demencia e demanda maior compromiso da Xunta

Pose critica o abandono da prevención e tratamento precoz da demencia e demanda maior compromiso da Xunta

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, denunciou hoxe o “abandono” por parte da Xunta da prevención e tratamento precoz da demencia. No debate dunha pregunta oral en Comisión, reclamou un maior compromiso da Xunta para previr esta enfermidade que afecta a preto de 40.000 pacientes en Galicia.

Pose sinalou que o tratamento preventivo supón “un claro aforro de recursos a curto prazo” xa que resulta moito máis eficiente que o tratamento dun paciente xa enfermo que precisa de supervisión todo o día”. Estes casos, explicou, provocan un “impacto económico e social tremendo” xerando ansiedade tanto no paciente como no entorno, o que o converte nunha “prioridade na atención das administracións públicas”.

Explicou que o investimento económico resulta necesario “malia que esteamos en tempos de crise” porque “é razoable e rendible para a sociedade, e ademais acabamos aforrando recursos a curto prazo”. Dixo que na actualidade a rede de asistencia do Goberno galego “nin cubre todo o territorio nin está desenvolvido” e reclamou un “esforzo importante porque actualmente a Xunta non cubre todo na súa aplicación da Lei de Dependencia”.

O parlamentario socialista explicou que este tipo de doenzas teñen unha frecuencia maior en Galicia por canto os maiores de 65 anos son o 20 por cento da poboación, mentres en provincias como Ourense chegan ao 26 por cento. Salientou a necesidade dun esforzo especial na detección precoz pola dificultade que ten a súa diagnose ata que a doenza está demasiado avanzada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar