Pose critica a eliminación de ambulancias asistenciais por parte da Xunta

Pose critica a eliminación de ambulancias asistenciais por parte da Xunta

Pose critica a eliminación de ambulancias asistenciais por parte da Xunta

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, criticou a eliminación de ambulancias asistencias por parte da Xunta en Vigo, Marín, Baoina, Ponteareas e Foz. Nunha pregunta oral á conselleira de Sanidade, acusouna de “tomar aos galegos por tontos” ao sinalar que a redución implica mellora na calidade asistencial.

Pose reclamou “decencia política” para admitir que “tomaron unha decisión desacertada” xa que o servizo de emerxencias non se pode regular a través de estatísticas. Neste sentido, explicou que “si un día non ingresa ningún paciente na UCI non se pode pechar porque ao día seguinte pode estar abarrotada”.

Dixo tamén que o custe en euros aforrado coa desaparición destes servizos resulta “irrelevante” e engadiu que “poderían ter aforrado mais si decidiran actuar sobre o transporte sanitario ordinario” sen unha incidencia tan grave sobre a atención sanitaria como ten o feito de suprimir ambulancias de emerxencias.

Explicou que “non cuestionamos as melloras na xestión ou eficiencia das prestacións, pero recortaron as ambulancias asistenciais dicindo que é para facer o servizo mais eficiente”. Neste sentido engadiu que esta explicación “é como si vostede lle amputa unha perna a un paciente e non lle di que é porque non hai mais remedio senón que é para que corra mais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar