Pose esixe á Xunta a suprimir a disposición adicional que establece as tarifas do Sergas

Pose esixe á Xunta a suprimir a disposición adicional que establece as tarifas do Sergas

Pose esixe á Xunta a suprimir a disposición adicional que establece as tarifas do Sergas

O portavoz da área de Saúde do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, ven de defender en comisión unha Proposición non de Lei que insta á Xunta a suprimir a Disposición Adicional Única do Decreto 209/2011, mediante o que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados polo Servizo Galego de Saúde e nas fundación públicas Sanitarias.

O parlamentario socialista xustifica esta iniciativa na consideración de que a devandita disposición adicional é inxusta e ilegal.

A maioría do Grupo Popular impediu que prosperase esta iniciativa, argumentando que se desenvolvería con posterioridade esta disposición. Un posicionamento que rexeitou o portavoz da área de Saúde do grupo dos Socialistas de Galicia quen ilustrou á voceira popular sobre a necesidade de dotar do rango adecuado a regulación dos dereitos e deberes dos usuarios da Sanidade Pública, “pero non a través dunha disposición adicional”.

Modesto Pose cualificou a súa iniciativa dunha cuestión ben sinxela e que debera ter sido ben fácil de aprobar, de feito contou co voto favorable do grupo do BNG. Lamentou que a outra vía de argumentación dos populares para rexeitar a proposición non de lei socialista fóra a de interpretar que ocultaba fins partidistas.

O parlamentario pontevedrés confesou o seu convencemento de que o carácter público e gratuíto do Sistema Público de Saúde era un dereito universal en cuxa consolidación tiñan traballado tanto a esquerda como a dereita, se ben as últimas noticias sobre as medidas previstas polo Goberno da Xunta, “que van saíndo como globos sonda”, elevan o seu nivel de preocupación ata confesarse alarmado polo risco de que a dereita poida rachar con estas características do Sistema Público de Saúde.

O parlamentario socialista recoñeceu o triunfo electoral do Partido Popular nos últimos comicios, para engadir que se ben estes resultados “farán a Rajoy presidente non permite interpretar que os cidadáns aplauden estas medidas”. Modesto Pose rematou a súa intervención esixindo ao goberno que “regulen co rango que proceda”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar