Pose: "As cifras de Feijóo para a sanidade galega son de 'coidados mínimos'"

Pose: "As cifras de Feijóo para a sanidade galega son de 'coidados mínimos'"

Pose: "As cifras de Feijóo para a sanidade galega son de 'coidados mínimos'"

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose dixo  que dende a chegada do Goberno de Feijoo diminuíron en case 500 millóns de euros os investimentos en sanidade na nosa Comunidade. Asegura que o orzamento da Consellería de Sanidade diminúe por terceiro ano consecutivo “e volvemos a cifras anteriores de 2008”. E cualificou as cifras de “coidados mínimos” para a sanidade galega.

Na súa intervención, trala comparecencia da Conselleira de Sanidade na que de conta dos orzamentos do seu departamento en sede parlamentaria, replica que estas cifras son a constatación do fracaso das políticas de Feijoo, “debido a un “maior endebedamento da nosa Comunidade, a parálise económica e un recorte dos servicios públicos”, resumiu.

O portavoz de Sanidade advertiu que estes orzamentos son últimos que ten a posibilidade de executar o Goberno de Feijoo.

O parlamentario socialista explica que as contas de sanidade diminúen “en atención primaria en 37.7 millóns de euros”, e pola contra critica que adica 206 millóns de euros a concertos privados. E ironiza que en Madrid incrementouse un 34% “nosoutros non chegamos a esa cifra, por iso podemos darnos por satisfeitos”.

No que se refire ao capitulo farmacéutico, en alusión ao catalogo da Xunta, asegura que en Galicia reduciuse o mesmo que noutras Comunidades Autónomas que non teñen este sistema. No que se refire aos convenios cos Concellos, asegura que as cifras “deixan fora a moitos concellos de Galicia”.

Sobre os programas de promoción de saúde publica as cifras non superan os 3 millóns de euros.

Comisión de Investigación sobre equipamento informático

Pose envioulle unha mensaxe á Consellería de Sanidade “eu ía pedirlle que crease unha Comisión de investigación –dixo- para coñecer como gastamos tantos recursos en equipamento informático”. E incluso aludiu a rumores sobre posibles adxudicacións de dotacións informáticas, por iso asevera que hai que poñer en marcha “tódolos mecanismos de control”.

No que atinxe a programa de continxencias cunha dotación de 77.8 millóns de euros, preguntoulle “a que o vai adicar?”.

Hospital de Vigo

Sinalou que para o Plan Director hai adicados 15 millóns de euros, algo que Pose  cualificou como un “eufemismo”. Sobre as inversión no Hospital de Vigo afirma que so aparecen 160.000 euros, por iso dixo que o represéntate do PP “fabula”, con este asunto.

O portavoz de sanidade dixo que os constantes anuncios do Goberno de Feijoo sobre a construcción de centros de saúde na nosa Comunidade “esta tomando o pelo a tódolos cidadáns de Galicia”. Por iso preguntoulle “díganos exactamente que centros de saúde fixeron, donde, cantos e onde”, e insistiu “cantos van a facer este ano e con que sistema”. Cualificou as palabras da Conselleira de Sanidade de “epidermes”, e insistiu nas criticas “a Consellería esta mentindo”.

3.043 millóns de euros financiacion publico-privada

Coas cifras na man Pose dixo que no ano 2012, (pax.130 do informe) nos orzamentos da Xunta, non esta previsto dispor mais gasto a través das financiacion publico-privado (FPP) que a construcción do hospital de Vigo.  Así as cousas o parlamentario afirma que ao remate do ano que coa colaboración publico-privado hai 3.043 millóns comprometidos por este sistema ao remate do ano 2012.

Lembrou que na pasada lexislatura nos orzamentos para os Plans Directores “desapareceron 1 millóns de euros, por arte de birle, birloque”, por iso pediulle que non tome o pelo aos galegos. Díxolle á Consellería que non se preocupe tanto polos “problemas espirituais”, ironizou.

Lembrou ademais que os parados teñen dereito a unha asistencia sanitaria universal e gratuíta, “a única condición que teñen que cumprir é residir na nosa Comunidade”.

Tamén pediu “un cadro de mandos” para contabilizar as listas de espera da nosa Comunidade, co fin de unificar criterios.

Por ultimo pediulle que visite os hospitais de Galicia para coñecer a realidade sanitaria de Galicia “porque non é a que lle contan”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar