Pose advirte que o Hospital de Vigo "abre a porta a novas privatizacións e á depredación do público"

Pose advirte que o Hospital de Vigo "abre a porta a novas privatizacións e á depredación do público"

Pose advirte que o Hospital de Vigo "abre a porta a novas privatizacións e á depredación do público"

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, advertiu que a privatización do Hospital de Vigo “abre a porta a novas privatizacións de servizos sanitarios”. Na comparecencia da conselleira de Sanidade no Pleno do Parlamento, sinalou que este modelo permite a “depredación do público” polas empresas privadas.

Sinalou que custará 450 millóns de euros mais que o proxecto orixinal -elaborado na pasada lexislatura- e terá 565 camas menos. Explicou así que o proxecto inicial custaba 750 millóns de euros para 1.495 camas, o proxecto de Feijóo obriga ao pago dun canon de 71,6 millóns de euros durante os 20 anos da concesión ata sumar un custe de entre 1.400 e 1.200 millóns para un máximo de 900 camas.

Lembrou que o Plan Funcional aprobado na pasada lexislatura establecía o financiamento público do centro a través da Sociedade Pública de Investimento para comezar as obras en 2009. Criticou o “desastre” de xestión da sanidade por parte do PP, que “xa foron os responsables dun retraso de 10 anos no Hospital de Lugo.

Salientou a “incertidume” que xera este modelo de financiamento, desbotado polo Consello Económico e Social, quen advertiu que este endebedamento “restrinxe a capacidade de manobra de futuros gobernos e traslada o pago ás xeracións futuras”. Mentres, o Consello de Contas amosou “incerteza e preocupación” pola sustentabilidade da sanidade nas contas da Xunta” ao recorrer a este sistema.

Acusou á conselleira de instaurar en Galicia o mesmo modelo de concesión público – privada que foi adoptado en Madrid coa consecuencia dunha caída na calidade do servizo público ao incorporar criterios economicistas por parte das empresas concesionarias.

Non é público

Explicou así que o Hospital, en contra das afirmacións da Conselleira, “non é público”, xa que será “privado polo menos durante 20 anos” nos que será xestionado por Acciona, Puentes y Calzadas, Dalkia, Okia e Concesia. Acusou así á conselleira de Sanidade de “vir a tomar o pelo a tódolos galegos” e reclamou “respecto institucional” cos anteriores responsables do goberno galego.

A este paso, engadiu, “cando recibamos o edificio xa ai necesitar rehabilitación”, mentres o goberno está a variar as dimensións da obra para “diminuír na construción” e aumenta os prazos dende os 20 anos actuais ata que “quedará en 30”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar