Pose acusa á Xunta de utilizar á crise como proxecto para prexudicar á sanidade pública

Pose acusa á Xunta de utilizar á crise como proxecto para prexudicar á sanidade pública

Pose acusa á Xunta de utilizar á crise como proxecto para prexudicar á sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, á Xunta de utilizar “a crise como proxecto” para prexudicar á sanidade pública. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Sanidade no Pleno do Parlamento, á que acusou de manipular as listas de espera e os datos sobre débeda sanitaria.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de “culpabilizar” aos sectores máis necesitados mentres advirten que “acabouse a festa e o gratis total”. Sinalou que “a crise non pode ser coartada para todo”, e criticou a privatización dos futuros hospitais de Vigo e Pontevedra, cunha estratexia que constitúe “todo o contrario do necesario para solventar a crise”.

Acusou ao goberno galego de incrementar a débeda sanitaria nun 61 por cento entre 2010 e 2011, ata os 457 millóns de euros, e desmentiu a débeda sanitaria supostamente herdada do Goberno socialista e que foi provocada por unha redución de ingresos pola crise. Tamén desmentiu que o orzamento dedicado á sanidade teña aumentado por riba do PIB, xa que coincidiu cunha “caída puntual do PIB nun 11 por cento”.

Tamén dixo que o goberno galego reforma as áreas sanitarias para situar aos xerentes dos hospitais comarcais baixo o mando dos xerentes dos grandes hospitais “mentres vostedes o venden como un modelo de áreas integradas”. Reclamou que digan “a verdade sobre o que fan” porque “temos que afacernos a ser un país serio”.

Listas de espera

O responsable socialista esixiu ao goberno galego que faga entrega das listas de espera non estruturais por hospitais, logo das protestas dos médicos apuntando a existencia de listas de espera en atención primaria, desmentindo os datos ofrecidos pola Xunta. Dixo que “non podemos enganar á poboación”, afeándolle o retraso na publicación das listas en función de intereses políticos.

Modesto Pose acusou ao Goberno galego de incrementar as listas de espera non estruturais “metendo a cidadáns no paquete” para reducir artificialmente o resto das listas. Advertiu que actualmente hai casos de Neuroloxía en espera ata novembro cando “poden ser síntomas de algo grave”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar