Pose acusa á Xunta de mentir porque Galicia foi a terceira autonomía con menos aforro sanitario

Pose acusa á Xunta de mentir porque Galicia foi a terceira autonomía con menos aforro sanitario

Pose acusa á Xunta de mentir porque Galicia foi a terceira autonomía con menos aforro sanitario

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, acusou á Xunta e ao PP de “mentir” sobre o aforro do catálogo de medicamentos. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei dos socialistas para auditar o Sergas e comprobar as dúbidas sobre a súa sostibilidade sementadas por Feijóo, que foi rexeitada polo PP.

Pose Mesura dixo que “menten dicindo que aforramos recursos –co catálogo-” xa que si ben entre xaneiro e marzo de 2011, con esta medida en vigor, o gasto medio por receita foi de 12,63 euros, no resto do Estado foi de 11,5 euros, aforrando mais que Galicia sen necesidade da devandita lista. Sinalou que Galicia foi a autonomía que mais gastou por receita a pesares do catálogo.

Esixiu á Xunta que “se poñan a analizar qué pasa xa que aínda aplicando o catálogo temos uns datos de aforro peores que no resto das autonomías”. Explicou que o aforro produciuse debido á baixada de prezos e ao cambio de prezos de referencia por parte do Ministerio e non polo catálogo da Xunta.

Explicou ademais que a decisión do Tribunal Constitucional de levantar a suspensión do catálogo “non entra no fondo do asunto” e a cuestión da titularidade da competencia, que os socialistas sitúan no Estado, senón que toma unha decisión de trámite porque o levantamento da prohibición non provoca prexuízos irreparables.

Deslexitimación do sistema

O parlamentario socialista acusou ao PP e á Xunta de levar a cabo “unha deslexitimación global” do sistema público sanitario para proceder á súa “privatización e perda do control social”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha Proposición non de Lei socialista para auditar o Sergas e comprobar as críticas de Feijóo que advertiu dunha débeda oculta de 15.000 millóns de euros no Sistema Nacional de Saúde.

Advertiu que as dúbidas que espalla o PP sitúa o sistema en “risco de descapitalización e de fragmentación do sistema público” apostando por un “novo hospitalocentrismo” desbotando a aposta e o consenso pola diversificación e a atención primaria acadada nas últimas décadas.

Pose advertiu que “vannos ter enfronte” na pretensión do PP por “menoscabar o aseguramento sanitario público” e rexeitou a intención de “relegar ao Sistema Nacional de Saúde ao mero papel de regulador e financiador incrementando a provisión privada”. Desbotou tamén a súa intención de “limitar as prestacións sanitarias nun paquete básico”.

O portavoz de Sanidade explicou que “non pensamos que o mercado e a competencia conduzan a ningún fin loable no campo sanitario” e amosouse en contra da colaboración público – privada. Dixo que se trata dunha “fórmula de moi difícil xestión, pouco transparente e pouco clara e nada austera” en contra do que postula o PP, xa que supón “pan para hoxe e fame para mañá”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar