Pose acusa á Xunta de limitar as ambulancias nocturnas en Vigo, Marín, Baiona, Ponteareas e Foz “por unha miseria de aforro”

Pose acusa á Xunta de limitar as ambulancias nocturnas en Vigo, Marín, Baiona, Ponteareas e Foz “por unha miseria de aforro”

Pose acusa á Xunta de limitar as ambulancias nocturnas en Vigo, Marín, Baiona, Ponteareas e Foz “por unha miseria de aforro”

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, acusou hoxe á Xunta de limitar as ambulancias de emerxencias da quenda de noite nas localidades de Vigo, Marín, Baiona, Ponteareas e Foz “por unha miseria de aforro”. Pose presentou unha iniciativa para restaurar este servizo que será votada mañá.

Pose acusou á Consellería de Sanidade de ter tomado a decisión de recortar este servizo “sen ningunha xustificación, informe nin explicación detallada” da súa repercusión. Dixo que evidencian que se trata dun “erro grave” polo “impacto e desprotección” nestas localidades que “curiosamente é onde hai mais poboación”.

Acusou á Xunta agochar a realidade dos recortes na cobertura de urxencias nestas localidades baixo o eufemismo da “optimización de recursos” e reclamou ao goberno galego que manteña “a necesaria e imprescindible cobertura do transporte sanitario urxente cos mesmos criterios en toda Galicia”.

O parlamentario socialista sinalou que o goberno galego limita a asistencia sanitaria nestas localidades. Acusounos de limitar o dereito a asistencia sanitaria urxente para os usuarios que determina a Lei de Saúde como “persoas enfermas ou accidentadas, ou para urxencias de risco vital, dano irreparable ou imposibilidade física do paciente ou outras causas clínicas que o impiden”.

Advertiu da gravidade da decisión de reducir os servizos que deixa aos usuarios dependentes da dispoñibilidade dos recursos arriscando eventualidades “que si xa ocorren con situacións normais, imaxinen si se da coa redución das prestacións

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar