Pose acusa á Xunta de desmantelar o sistema sanitario público

Pose acusa á Xunta de desmantelar o sistema sanitario público

Pose acusa á Xunta de desmantelar o sistema sanitario público

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, acusou a Feijóo de “desmantelar o sistema” sanitario público. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Sanidade para informar sobre o plan de prioridades sanitarias que tivo lugar hoxe no Parlamento.

O responsable socialistas amosouse neste sentido “disposto a falar de sostibilidade do sistema e de corrixir desequilibrios pero con quen quere sostelo e non con quen quere desmantelalo”. Criticou que a Xunta de Feijóo en lugar de resolver as posibles disfuncións optan por “desmontar para montar outra cousa que non coñecemos”.

Pose esixiu á conselleira de Sanidade que explique publicamente “cal é a débeda de Galicia” para que o presidente da Xunta denunciara recentemente un suposto burato de 15.000 millóns de euros. Esixiu así á Xunta un debate sobre a situación do sistema sanitario e a débeda “dende a verdade” e non dende os eslóganes publicitarios.

Sinalou así que Galicia ten pasado dende unha débeda “cero” en 2007 –de acordo co Consello de Contas- a superar hoxe a de Fraga no ano 2004, mentres os orzamentos da Xunta para gasto sanitario “diminúen ano tras ano”. Así, Galicia pasou de 1.367 euros por habitante en 2009 a 1.266 en 2011, sendo a quinta autonomía que máis diminúe o seu investimento sanitario por habitante.

Criticou que a xestión do PP teña feito de Galicia a autonomía con máis gasto farmacéutico por habitante, xa que, de acordo cos datos publicados hoxe, foi a única autonomía que incrementou xunto con Murcia, con 332 euros por habitante, 72 máis que a media nacional de 252.

Catálogo de medicamentos

Lamentou que mentres “intentan exportar a toda España un catálogo de medicamentos inconstitucional, a realidade é que en 2009 foi a cuarta autonomía que mais gastou en medicamentos –cun 6,36 por cento fronte ao 4,47 da media nacional- en 2010 foi a segunda con maior gasto, que aumentou un 0,71 mentres no Estado diminuía un 2,3, e en abril de 2011 foi a terceiraa autonomía que menos baixou.

O portavoz de Sanidade reclamou á Xunta que “se deixe de facer cousas raras” xa que, dixo, as demais autonomías aforran mais que Galicia seguindo as medidas aplicadas polo Goberno. Dixo que “si fixéramos o mesmo que o resto en lugar de 12 millóns de euros aforraríamos 15.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar