Pose acusa a Farjas de mentir xa que a responsabilidade do trámite da tarxeta sanitaria corresponde exclusivamente ao Sergas

Pose acusa a Farjas de mentir xa que a responsabilidade do trámite da tarxeta sanitaria corresponde exclusivamente ao Sergas

Pose acusa a Farjas de mentir xa que a responsabilidade do trámite da tarxeta sanitaria corresponde exclusivamente ao Sergas

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, acusou hoxe á conselleira de Sanidade de “mentir” ao acusar ao goberno central dos problemas coa tarxeta sanitaria. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, lembrou que “a responsabilidade do trámite da tarxeta sanitaria correspóndelle exclusivamente ao Sergas”.

Dixo que “mentiron cando dicían que non lle estaban creando problemas de asistencia sanitaria aos parados e persoas sen recursos e menten agora tamén cando derivan a responsabilidade cara ao Instituto Nacional da Seguridade Social”. Lembrou unha vez máis que é o Goberno galego o que establece na Lei 08/2008 unha Disposición Adicional para repercutirlle ao usuario as tarifas da sanidade por uso irresponsable.

Sinalou que “o uso irresponsable xa está penado polo sistema de sancións e faltas da Lei” e advertiu que “non poden repercutir os custes das tarifas no usuario por decreto”. Reclamoulle á Xunta que “retiren a Disposición Adicional” que establece estes cobros “ou traian á Cámara o debate da regulación dos deberes dos usuarios con respecto á utilización dos recursos sanitarios.

Modesto Pose apuntou de novo que “quen ten que recoñecer o dereito á asistencia sanitaria é o Sergas e a Consellería de Sanidade porque son os que entregan a tarxeta sanitaria, e non o Instituto Nacional da Seguridade Social”.

Asombro

O parlamentario socialista amosou o seu “asombro” polas afirmacións da conselleira de Sanidade apuntando que había autónomos sen dereito á asistencia sanitaria, cando “non hai ningún autónomo que careza deste dereito”.

Pose esixiulle á conselleira “a documentación pertinente que determine qué autónomos carecen de dereito á asistencia sanitaria” e mesmo reprochoulle á responsable de Sanidade de negarse a entregar os papeis que respalden as súas afirmacións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar