Pose: "A Xunta quere disimular o copago para evitar o custe electoral"

Pose: "A Xunta quere disimular o copago para evitar o custe electoral"

Pose: "A Xunta quere disimular o copago para evitar o custe electoral"

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, advertiu que a Xunta tenta de disimular a implantación do copago en Galicia “para que non teña custe electoral”. Así o dixo no debate dunha moción para que a Xunta retire as tarifas polo uso de servizos sanitarios implantadas no decreto 209/2011 e que foi rexeitada polo PP.

Pose acusou ao PP de xogar “á confusión” co debate do copago sobre o que “agora din que si, agora din que non e agora chámanlle copago intelixente” porque o seu obxectivo é “implantalo a ver si os galegos e galegas non se decatan”. Advertiu que “os socialistas estaremos vixilantes para que o que fagan non vaia en detrimento dos cidadáns menos privilexiados e dos pacientes galegos”.

O parlamentario socialista recomendoulles unha “cura de humildade” visto o resultado das eleccións desta fin de semana nas que “houbo bastantes andaluces que pensaron que había moitas prestacións do sistema sanitario en risco” cun goberno do PP e por iso votaron maioritariamente á esquerda. Advertiulles que Galicia, xunto con Cataluña, é actualmente “a avanzadilla da reforma sanitaria da dereita no Estado”.

Pose advertiu da “tendencia á arrogancia” do PP e suxeriu “reflexionar porque non lles favorece nada” e “tomar as cousas cun pouquiño mais de calma e reflexión e se dediquen á xestión”. Sinalou que “eliminar ou reducir as listas de espera non parece que teña moito que ver con que un pense progresista ou conservador, polo que reclamou actuación en contra da obesidade infantil ou para desconxestionar as esperas sanitarias.

Lexislación suficiente

O responsable socialista reclamou hoxe a retirada da Disposición Adicional Única do Decreto 209/2011 que establece prezos por un suposto mal uso dos servizos sanitarios. Sinalou que actualmente “hai lexislación suficiente para o reintegro dos gastos sanitarios en casos de mal uso”, mentres a Lei de Saúde establece un sistema de penalizacións e sancións coa tipificación de faltas.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar