Por unha Lei de Áreas Empresariais de Galicia

Por unha Lei de Áreas Empresariais de Galicia

Por unha Lei de Áreas Empresariais de Galicia

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe unha Lei de Áreas Empresariais de Galicia que ampare a coordinación da política de solo industrial do goberno galego. Así o dixo nun encontro co colectivo empresarial en San Cibrao das Viñas, aos que lles explicou as propostas socialistas en materia de solo industrial.

O candidato socialista explicou que o goberno socialista creará o Consorcio Galego de Solo Empresarial –Cogase- co obxectivo de desenvolver as políticas de solo industral en Galicia, que dea cabida a concellos e administacións titulares de parques e solo empresarial, así como á Federación Galega de Parques Empresariais –Fegape-.

Fernández Leiceaga propuxo un enfoque diferenciado sobre o solo indsutrial “por primeira vez na nosa autonomía”, amparado por unha Lei de Parques Empresariais de Galicia que regule o deseño, xestikón, mantemento e modernización dos polígonos. Ademais comprometeuse a aprobar o Iº Plan Estratéxico de Solo Empresarial de Galicia que dea resposta ás necesidades actuais dos parques industriais de Galicia.

Así o dixo logo dun encontro co equipo directivo de Tecnópole, o primeiro parque empresarial especializado de Galicia, exemplo de boa planificación do solo industrial posto en marcha polo Executivo de Fernando González Laxe. Tamén asistiron a propia Fegape e outras asociacións e colectivos do eido económico, que recibiron as propostas socialistas da man de Fernández Leiceaga.

O candidato socialista chamou a recuperar o impulso do solo industrial de Galicia, lastrado pola nefasta xestión das xestures da man dos gobernos do PP, que provocaron a sangría de empresas de cara ao solo industrial máis asequible de Portugal.

Mentres, dixo, a desastrosa e descoordinada xestión de solo empresarial de Feijóo resúmese no caso da Plisan Salvaterra – As Neves, un investimento millonario paralizado dende 2009 que supuxo 3 millóns de metros cadrados convertidos “nunha enorme fochanca de 17 metros de profundidade”.

Esta inmensa lagoa artificial engulliu, dixo, 48 millóns de euros en expropiacións que os propietarios denuncian que non se pagaron, 20 millóns para movementos de terras, 7,7 de dereitos mineiros ou 3,5 de indemnizacións aos propietarios da zona de especial protección forestal afectada, ademáis da saída dunha autovía que remata nunha ringleira de xestas, mentres os portos exteriores de A Coruña e Ferrol aínda carecen de accesos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar