Por unha Galicia máis forte e unha España mellor

Por unha Galicia máis forte e unha España mellor

Por unha Galicia máis forte e unha España mellor

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE e candidata ao Congreso pola provincia de A Coruña, Pilar Cancela, apostou hoxe por “unha Galicia máis forte e unha España mellor”. Así o dixo con motivo dun encontro dos candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado co Grupo Parlamentario do Socialistas de Galicia, que se celebrou esta mañá no Pazo do Hórreo.

A candidata socialista advertiu que “a única aportación de Rajoy e Feijóo foron a precariedade e a temporalidade” a través dun modelo económico baseado no empobrecemento dos traballadores co único obxectivo de mellorar a conta de resultados das grandes fortunas. Sinalou que “ninguén pode desenvolver o seu proxecto vital cun contrato de horas ou mesmo de días”.

Cancela advertiu que o PP busca perpetuar este modelo en Galicia a través duns orzamentos para o ano 2016 “de paripé, de cara á galería, pensando moito nas eleccións e moi pouco nas condicións de vida dos galegos e das galegas”. Advertiu que “hoxe non temos un só sector socioeconómico estratéxico do que poidamos dicir que teña un dato positivo para mellorar a vida dos galegos e galegas”.

A responsable socialista interveu nunha xuntanza na que os socialistas galegos subliñaron que “o PSdeG-PSOE antepón os intereses de Galicia a calquera outra circunstancia e condición”. Os socialistas galegos reivindicaron a aposta polos servizos públicos universais e de calidade e o impulso da actividade económica como base para a creación de postos de traballo de calidade.

Pilar Cancela resumiu que “os socialistas galegos queremos trasladar as nosas reclamacións e reivindicacións tamén no Congreso en base a unha postura firme de país, de galeguidade e de defensa do que Galicia representa no modelo territorial do Estado” que se debaterá no próximo período de sesións.

Méndez Romeu

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou que os socialistas galegos defenderán nas próximas eleccións xerais “un modelo alternativo de goberno para España”. Sinalou que os galegos e galegas poderán xulgar nestas eleccións as consecuencias da actuación do goberno de Rajoy para Galicia.

Sinalou que a convocatoria de eleccións coincide en Galicia “co debate dos últimos orzamentos de Feijóo, onde se reflicten as políticas fracasadas de desemprego, unha insuficientes para a recuperación económica e a redución da desigualdade e regresivas no mantemento do gasto social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar