"Por moito que Pilar Farjas repita a mentira sobre o aforro do catálogo de medicamentos, non se converterá en realidade"

"Por moito que Pilar Farjas repita a mentira sobre o aforro do catálogo de medicamentos, non se converterá en realidade"

"Por moito que Pilar Farjas repita a mentira sobre o aforro do catálogo de medicamentos, non se converterá en realidade"

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, advertiulle á conselleira Pilar Farjas de que “por moito que repita a mentira sobre o suposto aforro do catálogo de medicamentos da Xunta, non se converterá en realidade”.

Así, afirmou que “a única realidade é que o catálogo deixa aos galegos e galegas sen máis de 400 medicamentos dos que si dispoñen os cidadáns doutras comunidades”.

Fernández lembrou que o catálogo da Xunta “non supuxo nos primeiros meses do ano nin un euro máis de aforro” como demostra o feito de que outras comunidades que non teñen catálogo acadaron un aforro en gasto farmacéutico superior ao da nosa comunidade.

O responsable socialista tamén apuntou que Galicia aforrou o mesmo nos meses que o catálogo estivo suspendido que nos meses no que estivo en vigor, “unha mostra máis das mentiras da conselleira, que pretende enmascarar o recorte de dereitos farmacéuticos cun suposto aforro que non é real”.

Por elo, pediu a Pilar Farjas que “deixe de tentar enganar aos cidadáns e que permita que os galegos e galegas teñan acceso aos mesmos fármacos que o resto do Estado, en lugar de recortarlles estes dereitos coa escusa dun falso aforro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar