Pontevedra acollerá mañá a reunión da Executiva Nacional Galega do PSdeG

Pontevedra acollerá mañá a reunión da Executiva Nacional Galega do PSdeG

Pontevedra acollerá mañá a reunión da Executiva Nacional Galega do PSdeG

Será a primeira vez que teña lugar fóra da sede central de Santiago de Compostela, e será na cidade do Lérez para render homenaxe a Valentín Paz de Andrade na mesma semana en que se celebra o Día das Letras Galegas

Por primeira vez a Executiva Nacional Galega do PSdeG reunirase fóra da súa sede central en Santiago de Compostela.

Así, a cidade de Pontevedra acollerá mañá a xuntanza da dirección socialista, cumprindo cun compromiso acadado no último Congreso do PSdeG.

Desta forma, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, os socialistas reden a súa particular homenaxe a Valentín Paz de Andrade, natural da cidade do Lérez.

De feito, está previsto que se aprobe unha resolución de recoñecemento a Paz de Andrade, ao seu traballo como escritor, xurista e político galeguista, persoeiro imprescindible para entender os movementos políticos e culturais do século XX na nosa terra.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar