Política Social tende cortiñas de fume para tapar unha xestión nefasta

Política Social tende cortiñas de fume para tapar unha xestión nefasta

Política Social tende cortiñas de fume para tapar unha xestión nefasta

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao conselleiro de Política Social de tender “cortiñas de fume” para “tapar unha xestión nefasta”. A responsable socialista criticou que o conselleiro escollera o Programa de Cooperación Transfronteiriza para protagonizar a súa primeira comparecencia da Lexislatura, “baleira de contido”.

Blanco sinalou que os catro proxectos dos que deu conta hoxe o conselleiro supoñen “un total de 1,7 millóns de euros, o 0,2 por cento do orzamento anual dos investimentos da súa Consellería”. Censurou que “presuma dun fito histórico que non é tal, porque a Xunta de Estremadura leva case 3 millóns de euros máis que a Xunta, cando a súa fronteira non ten nin a terceira parte de oportunidades que a galaico – portuguesa”.

“A Xunta recibe neste período programático 11,2 millóns de euros, 8 menos que no período anterior 2007 – 13, así que nin sequera pode vir aquí a botarse flores nin a colocarse medallas por este tema”, apostillou. En definitiva, remachou, “unha comparecencia perfectamente inútil e innecesaria, e falta de ambición” e que “todo se resume en blablabla”.

Engadiu ademais que este “esperpento” tería “a súa graza se non fora porque hai temas improtantísimos polos que vir a comparecer”. Sinalou por exemplo que o 30 pro cento das familias quedaran sen praza nas escolas públicas infantís, ou que o número de persoas que reciben a Risga teña sido un 6 por cento inferior á media estatal, logo de que se viran obrigados a aumentar as partidas en dúas ocasións non que vai de ano.

É a mesma Consellería, dixo, que demostra que a atención aos maiores non é unha prioridade para quen ten que xestionar a atención á poboación máis envellecida de España. Os mesmos que reduce nun 40 por cento os orzamentos para as persoas con diversidade funcional dende 2009, e que se sitúa un 10 por cento por debaixo da media nacional.

Tampouco priorizan o orzamento para a xuventude, que se reduciu un 28 por cento con relación a 2009 cando a taxa de desemprego xuvenil rolda o 40 por cento e que obriga a vivir na casa dos seus pais a máis dun terzo dos homes e mulleres de entre 30 e 34 anos e o conselleiro “négase a comparecer para explicar cal é a súa política en materia de xuventude”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar