Política laboral "resesa"

Política laboral “resesa”

cola-del-paroA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “resesa” a política laboral do PP e de Feijóo, que “fai que a xente moza marche do país” e supuxo, dende 2009, a perda do equivalente a 253.000 empregos a tempo completo, 63.000 máis que a media estatal, debido á precarización do mercado laboral.

Criticou o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada polos socialistas galegos para acordar un Plan de Emprego que reverta as políticas “fracasadas” e lesivas para o traballo encetadas por Feijóo dende 2009. Gallego sinalou que o voto dos “populares” contradín o discurso do seu presidente apelando á capacidade de diálogo e continúan na liña de vetar tódalas propostas da oposición, como fixeron nos orzamentos para 2016.

A responsable socialista advertiu da grave precarización dos traballos en Galicia, que está a substituír o emprego estable por contratos temporais, por canto actualmente o 93 por cento do emprego é temporal. A situación afecta especialmente á xente moza, que perdeu o 55 por cento do traballo e hoxe teñen o equivalente a 140.000 postos de traballo menos ocupados por menores de 30 anos.

De acordo cos datos oficiais, un total de 132.000 persoas de entre 16 e 29 anos tiveron que emigrar a buscar traballo fora de Galicia dende 2009 e logo de formarse dentro da Comunidade Autónoma. Mentres, o goberno galego obvia o problema da baixa calidade do traballo e da alta emigración de mozos e mozas, condenando a un mercado laboral envellecido e cunha taxa de ocupación 11 puntos máis baixa.

Carmen Gallego sinalou que o propio IGE advirte que nun país con apenas 2,7 millóns de habitantes só o 23 por cento das vivendas teñen un menor de 16 anos e 300.000 menores de 34 anos aínda viven cos pais, 80.000 menos que en 2007 pola elevada emigración. Ademais, deses 300.000 150.000 carecen de ingresos, 30.000 cobran menos de 200 euros ao mes, 52.000 menos de 600 e 42.000 entre 600 e 1.000 euros.

A deputada socialista lembra que a xestión de Feijóo provocou que dende a súa chegada tiveran que marchar un total de 132.197 mozos e mozas menores de 29 anos, dos cales 40.000 tan só dende o ano 2013. Esixiulle ao PP que “tomen en serio o grave problema do desemprego e a emigración” e “demostren o seu compromiso cambiando as políticas” do goberno galego.

Proposta socialista

A proposta socialista contemplaba a derrogación da reforma laboral e a eliminación de toda discriminación salarial xuvenil, con beneficios fiscais para fomentar a contratación de mozos e mozas, recuperar a cotización das persoas bolseiras e incrementando o investimento en I+D a niveis de 2010 e inclúe tamén unha batería de medidas para frear a emigración da xente moza.

Ademais, diríxese en concreto ao goberno galego para reclamar un plan de formación e emprego xuvenil deseñado en colaboración coas organizacións do tecido asociativo xuvenil, así como medidas de fomento do emprendemento individual e colectivo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar