Política específica para apoiar á industria galega auxiliar do automóbil

Política específica para apoiar á industria galega auxiliar do automóbil

Política específica para apoiar á industria galega auxiliar do automóbil

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe a proposta de crear unha subcomisión parlamentaria que analice as dificultades que está a atopar a industria auxiliar do automóbil en Galicia. Así o dixo logo dun encontro en Vigo cos representantes sindicais de CC.OO., UGT e CIG no sector, cos que se comprometeu a trasladarlle as súas demandas ao presidente da Xunta na sesión de control do próximo Pleno.

Fernández Leiceaga anunciou unha serie de medidas para situar na axenda política a situación dunha industria fundamental para Galicia, especialmente para o sur de Pontevedra. O sector sufre a agresiva política de solo industrial de Portugal e o desinterese da Xunta, co que a construción de novos vehículos en Vigo supón a fuxida de empresas ao país veciño e a caída de empregos e volume de facturación de empresas en Galicia.

O responsable socialista recolleu as queixas dos sindicatos no tocante á dificultade de atopar solo industrial a prezos competitivos en Galicia, o que provoca a migración de empresas ao país veciño, con prácticas, dixeron, que poderían supor competencia desleal por parte de Portugal.

Política industrial activa

Os socialistas galegos reclaman unha política industrial activa por parte do goberno galego para mellorar a competitividade do sector, con medidas dirixidas a impulsar a formación dos traballadores da automoción ou o fomento da investigación.

Fernández Leiceaga instou a revisar as condicións das subvencións da industria auxiliar, co obxectivo de “evitar que sexa unha vía de deslocalización”, ademais de, remachou, reclamarlle ao goberno galego unha “política decidida de solo industrial” que permita competir co Norte de Portugal.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar