A política de conciliación do goberno galego, maquillaxe para disimular medidas puntuais insuficientes

A política de conciliación do goberno galego, maquillaxe para disimular medidas puntuais insuficientes

A política de conciliación do goberno galego, maquillaxe para disimular medidas puntuais insuficientes

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, cualificou hoxe de “maquillaxe” as políticas de conciliación do goberno galego. Na comparecencia do conselleiro de Política Social no Pleno do Parlamento para dar conta das políticas de conciliación, acusou á Xunta de presentar medidas “puntuais que son insuficientes”.

A responsable socialista puxo en cuestión unhas políticas de conciliación “de boquilla” mentres coincidan cunha política económica “desconectada das políticas sociais” e que fomente o emprego precario e inestable. Mentres, sinalou, coinciden cunha acción de goberno dirixida a “debilitar a rede pública de atención aos nenos e nenas, aos nosos maiores e ás persoas con discapacidade”.

Criticou que reproduzan a precariedade laboral e os salarios baixos –Galicia ten o cuarto salario máis baixo do Estado-, e permitan que 120.000 traballadores e traballadoras estean no limiar da pobreza. Mentres esta situación se reproduza, dixo, “o único que fan sexa actuar dende o aire sobrevoando o problema, pero sen aterrar para actuar nas causas que provocan as dificultades para conciliar”.

Acusou á Xunta de converter a conciliación nun “xogo de malabares para as mulleres e unha misión imposible para as monomarentais”, e reclamou que “mudar esta situación precisa da corresponsabilidade de toda a sociedade, pero fundamentalmente das empresas e das administracións públicas”.

Sinalou que por moito que teñan posto en marcha un plan de conciliación “porque a folga feminista os pillara co pe cambiado”, hoxe o peso dos coidados na casa “segue recaendo nas mulleres”, que son as que collen o 98 por cento dos permisos de maternidade mentres descenden os de paternidade. As mesmas, dixo, que asumen o 90 por cento dos casos de coidados de maiores e persoas con discapacidade.

Blanco explicou que as escolas infantís públicas “seguen sendo completamente insuficientes” xa que a pesares de que diminúa o número de nenos e nenas menores de 3 anos -11.000 menos nos últimos 5 anos-, hai unha lista de agarda provisional de 3.800 “que acabarán como todos os anos derivándoos a centros privados”.

Criticou que a Xunta “bombardear” a rede pública “cambiándolle o nome por revanchismo político, incrementando os prezos en máis dun 19 por cento ou duplicando o prezo do comedor”. Criticou que “nos teñan atiborrados de anuncios de prazas publicas que non chegan mentres introducen en 2015 os concertos con escolas infantís privadas, deixan sen executar o 70 por cento do orzamento para facer escolas públicas nos polígonos industriais e o 54 por cento das partidas para casas – niño”.

Con relación á atención a maiores e persoas con discapacidade, reclamou unha rede pública de centros de día e residencias de maiores, mentres Galicia ten “o índice de cobertura de prazas con financiamento público en centros residenciais para maiores de 65 anos máis baixo de todas as Comunidades Autónomas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar