A Plisan Salvaterra - As Neves, 3 millóns de metros cadrados de chan industrial convertidos nunha lagoa

A Plisan Salvaterra - As Neves, 3 millóns de metros cadrados de chan industrial convertidos nunha lagoa

A Plisan Salvaterra – As Neves, 3 millóns de metros cadrados de chan industrial convertidos nunha lagoa

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que “poña as pilas” para desbloquear a Plisan Salvaterra – As Neves. Así o dixo durante unha visita ao lugar ao terreo da plataforma loxística acompañado dos representantes socialistas en As Neves e Salvaterra e dos membros da Plataforma de Afectados polas expropiacións.

Fernández Leiceaga considera “absolutamente inaceptable” que logo de 17 anos de comezar coa súa construción “queda moito traballo por facer e moito tempo por transcorrer ata que a primeira empresa poida instalarse. En lugar diso, advertiu, hoxe hai tres millóns de metros cadrados de chan industrial convertidos nunha inmensa lagoa que chega aos 17 metros de profundidade.

Reclamou un “compromiso das tres administracións implicadas”, comezando pola Xunta a través do IGVT, para continuar polo Consorcio da Zona Franca e da Autoridade Portuaria de Vigo. Reclamou “máxima prioridade” a rematar co proceso de urbanización, conectar a Plisan coa A-52, poñer en marcha a depuradora imprescindible para o tratamento das augas residuais do polígono e comezar a licitación das parcelas.

Considera “imprescindible” que o goberno galego garanta chan industrial para o sur de Galicia, que “deben estar a disposición dos empresarios en condicións competitivas co veciño Portugal, apenas a 300 metros”. Sinalou que “nun proceso de recuperación económica é imprescindible ter solo industrial ben conectado en boas condicións para crear os empregos que necesita a zona”.

Expropiacións

O portavoz socialista sinalou ademais aos problemas dos afectados polas expropiacións, que estiveron representados nesta visita por membros da Plataforma, e que reclamaron “que nos paguen o que nos deben e que comecemos a ver movemento para que haxa industria dunha vez por todas”.

Na visita tamén estiveron a viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, o portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, o tenente de alcalde de As Neves, Eduardo Mariño, quen puxo a Plataforma como “exemplo da política industrial de Feijóo”, e a portavoz socialista en Salvaterra, Rocío Bernárdez.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar