Plaxio e apropiación indebida na Lei de Transporte Público do PP

Plaxio e apropiación indebida na Lei de Transporte Público do PP

Plaxio e apropiación indebida na Lei de Transporte Público do PP

O portavoz de Transportes do Grupo Socialista, Raúl Fernández, dixo hoxe que o PP “pode e debe ser acusado de plaxio e apropiación indebida” ao presentar hoxe unha proposición de Lei de Transporte Público replicando parte das propostas dos socialistas galegos que rexeitaron antes. Fernández anunciou o voto favorable dos socialistas galegos á toma en consideración “por coherencia”.

Sen embargo, criticou a “incongruencia” e un “grao de incoherencia que raia o esperpento”. Sinalou que presentan esta norma logo de rexeitar sistematicamente tódalas propostas presentadas polos socialistas galegos logo da sentenza do Tribunal Supremo que anulou 129 prórrogas das concesións de transporte público por estrada concedidas por Feijóo en 2010.

O deputado socialista lembrou que as peticións do Grupo Socialista pasan por elaborar unha norma transitoria urxente que resolva a situación de alegalidade na que quedaron a práctica totalidade das concesións de transporte para, a continuación, elaborar unha nova Lei de Mobilidade.

Irresponsabilidade

Fernández criticou o “patético grao de irresponsabilidade” na xestión da anterior conselleira e do goberno galego, que respondeu á sentenza intentando agochar que “actuaron ilegalmente”. A conselleira, engadiu, eludiu comparecer e intentou responsabilizar ao goberno de Pérez Touriño e “escudarse na sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia” que foi contradita polo Supremo.

Responsabilizou ao goberno galego da situación crítica do transporte público en Galicia, cos aeroportos “descoordinados”, o metro lixeiro paralizado, mentres demostran “pasividade na implantación dos novos nodos de transporte”, reducen o transporte metropolitano a unha bonificación tarifaria e ignoran o transporte de mercadorías.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar