Plantexa temas de peaxes que afectan aos galegos

Plantexa temas de peaxes que afectan aos galegos

Plantexa temas de peaxes que afectan aos galegos

Miguel Fidalgo cre que “nin Feijóo defende a Galicia polo prexuízo ás empresas galegas nin Rajoy fai nada por resolver o dano que causa aos galegos o sistema de peaxes implantado en Portugal”

Ademais, pregunta “cando vai cumprir o PP os seus compromisos electorais de suprimir a peaxe no tramo entre Lalín e Santiago”

O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, deu a coñecer unha resposta do Goberno en relación co cambio no sistema de peaxes implantado en Portugal e que tan graves danos está ocasionando as empresas e veciños de Galicia e do Norte de Portugal.

Fidalgo lamenta “que Feijóo non defenda os galegos e que Rajoy non teña feito nada por resolver este problema, e que ambos teñan renunciado a que se supriman este tipo de peaxes tan arbitrarios mentres se continua implantando en novos tramos”.

O senador socialista recorda que “a maioría destas autovías que eran gratuítas foron construídas con cargo a Fondos Europeos, e que ademais carecen de alternativas de circulación públicas de carácter nacional, polo que debe defenderse a supresión das peaxes e non aceptar que se cambie parcialmente a forma de cobrar a algúns usuarios”.

Miguel Fidalgo lamenta que despois de meses, non fosen cunha solución acordada e aceptable para os galegos, que son os mais prexudicados, ao Cumio celebrada hai unhas semanas.

A Fidalgo parécelle “patético” que, uns días antes dese Cumio entre os Gobernos de España e Portugal, dous deputados ourensáns fosen facer un paripé de simular negociacions sobre este asunto nunha materia que compete aos Gobernos Nacionais.

Por outra banda, Miguel Fidalgo anunciou que preguntará sobre a data na que o goberno de Rajoy vai cumprir os seus compromisos de suprimir a peaxe na AP 53 , no tramo de pago entre Santiago e Lalín, que castiga especialmente aos ourensáns, xa que é a vía que se utiliza para ir á capital administrativa de Galicia.

Fidalgo recorda que o tramo entre Ourense e Lalín foi xestionado polos socialistas no goberno da Xunta para que fora gratuíto por afectar a unha provincia necesitada de apoio para equipararse ao resto de Galicia, e lamenta a falta de acción de Feijóo para defender agora esta reclamación de suprimir a peaxe no tramo que construiu o goberno do PP.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar