Plantas de tratamento de residuos fora das zonas residenciais

Plantas de tratamento de residuos fora das zonas residenciais

Plantas de tratamento de residuos fora das zonas residenciais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias nas que propón un cambio lexislativo para prohibir la instalación de plantas de xestión de residuos preto de zonas residenciais. Vilán leva á Cámara unha iniciativa derivada das protestas veciñais pola planta de residuos prevista na antiga canteira de Casalonga –Teo-

A responsable socialista aposta por “mudar a realidade” dos proxectos de instalacións de xestión e tratamento de residuos en solo rústico e/ou preto de zonas residenciais, cambiando para iso a Lei do Solo de Galicia de 2016 e o Plan de xestión de residuos industriais de Galicia.

Vilán levou ao Parlamento unha serie de iniciativas respondendo á preocupación dos veciños e veciñas de Casalonga, que teñen constituído unha Plataforma contraria ao proxecto. Anunciou un encontro cos mesmos e lembra que a Xunta ten a competencia para tramitar a autorización ambiental integrada, e lle esixe que “sexa transparente e dea explicacións”.

Os veciños e veciñas, sinala, teñen o apoio do Concello de Teo, que no Pleno do día 30 de maio acordou por unanimidade o rexeitamento deste tipo de instalacións en solo rústico. O proxecto, dixo, presenta unhas conclusións “moi pouco garantistas” que fan “imposible establecer un plan de restauración detallado, dada a imposible previsión da evolución das condicións socio – económicas locais e nacionais.

Lembra finalmente que a situación nace da solicitude de compatibilidade urbanística remitida ao Concello de Teo polo Grupo Toysal en decembro de 2017 para o proxecto básico e estudo de impacto ambiental dunha planta de xestión de residuos na antiga canteira de Casalonga. A futura planta prevé o tratamento e reciclado de 90.000 toneladas de residuos para producir biogás.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar