Plan de Restauración inmediato para as Fragas do Eume

Plan de Restauración inmediato para as Fragas do Eume

Plan de Restauración inmediato para as Fragas do Eume

Os socialistas reclamaron hoxe a posta en marcha dun Plan de Restauración Medioambiental para a recuperación das Fragas do Eume. As portavoces de Medio Ambiente e do Medio Rural do Grupo Socialista, Carmen Gallego e Sonia Verdes, criticaron a “falla de prevención” e os recortes nas medidas de loita contra o lume de Feijóo, que converteron un incendio nunha “traxedia medioambiental”.

Gallego esixiulle hoxe á Xunta que active “de inmediato tódolos medios necesarios” para afrontar a situación de risco ocasionada pola seca e as elevadas temperaturas, cun nivel de risco “semellante ao mes de agosto”. Reclamou unha avaliación das perdas económicas e medioambientais e priorizar as actuacións para evitar o risco de erosión polas cinzas do lume.

A responsable socialista instou ao goberno galego a deseñar un Plan de Restauración Medioambiental “con sentidiño” concertado cos concellos afectados, as organizacións conservacionistas e os veciños afectados. Reclamou “reflexionar e poñer en marcha un programa de concienciación” para que a cidadanía asuma a importancia do valor medioambiental dos bosques galegos e o dano ocasionado polos lumes.

As parlamentarias socialistas comezaron a rolda de prensa de hoxe cun recoñecemento explícito ao esforzo dos traballadores e traballadoras das brigadas de loita contra o lume, e ofrecendo as súas condolencias á familia e compañeiros do brigadista Higinio Vilas, falecido a semana pasada, así como ao piloto falecido en 2011 e aos dous brigadistas que perderon a súa vida en Fornelos de Montes en 2010.

Recortes

As responsables socialistas responsabilizaron desta situación á política de recortes do goberno galego, ao que “falla prevención, previsión e planificación”. Acusaron a Feijóo de ter feito “desaparecer” as políticas de protección e a posta en valor de espazos naturais, reduciu en 22 millóns de euros as partidas para labores de prevención e non tivo en conta as graves condicións ocasionadas pola seca para adiantar o dispositivo contra o lume.

Sonia Verdes fixo un chamamento “á responsabilidade” porque “os lumes non se apagan con austeridade, nin reducindo as partidas para prevención nin eliminando os convenios para a protección dos núcleos rurais, nin desmantelando a mobilización de terras nin cunha Lei de Montes incendiaria”.

Criticou que a Xunta ven de reducir 7 millóns de euros no dispositivo de extinción de incendios “poñendo en risco a vida dos traballadores e traballadoras”, aos que obrigan a “xornadas maratonianas” mentres manteñen as baixas sen cubrir e reclamou unha “xestión eficaz na prevención de lumes”.

Prestige

Criticaron que o presidente da Xunta esperara a ben entrada a mañá do domingo para visitar unha zona que ardía dende o mediodía do sábado “e só para dicir que hai incendiarios e que os veciños teñen que pagar”. A portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista engadiu que Feijóo visitou a zona “para constatar que xa ten o seu Prestige” logo de amosar “a mesma ineficacia e irresponsabilidade que demostrou Rajoy en 2002”.

Verdes reprochoulle ao presidente da Xunta que “non asuma a súa responsabilidade” como “brazo executor do desmantelamento dos medios de prevención e extinción de incendios”. Tamén criticou que o Goberno galego continúe agochando información sobre os lumes rexistrados, e “intentou agochar o desaloxo dos veciños e veciñas e unha traxedia persoal e medioambiental”.

Sinalou que “fallou o presidente” que non coordinou un dispositivo de extinción que se demostrou “insuficiente” e que estivo “paralizado porque as brigadas xa remataran o seu turno” mentres unha brigada da UME permanecía “de brazos cruzados” porque carecía de orde para intervir. Considera “intolerable” que os brigadistas de Seaga estean “descansando na casa e que a Xunta non poña tódolos medios e efectivos en marcha”.

Sinalou que en só tres meses ardeu mais que en todo 2008, superando as 10.000 hectáreas de acordo cos datos da Xunta, e 750 delas corresponden á xoia natural de Galicia, como é as Fragas do Eume, mentres “o goberno está mudo e o presidente ausente”.

Incendiarios

As responsables socialistas reiteraron a chamada a ser “implacables contra os incendiarios”, pero acusaron ao presidente da Xunta de tender unha “cortiña de fume” para “tapar a ineficiencia e ineficacia” da actuación do goberno galego. Lembraron que o Goberno de Feijóo foi o que desmantelou as brigadas destinadas á investigación dos incendios.

Salientaron o “respecto e valoración absolutos polo traballo das forzas e corpos de seguridade” e puntualizaron que “nós nunca faremos como Feijóo, que o ano pasado poñía en dúbida a súa actuación por haber un goberno socialista na Moncloa e este ano xa non”.

Plan de Prevención

Os socialistas presentarán no próximo Pleno do Parlamento unha Proposición non de Lei para que a Xunta aprobe no prazo máximo de 2 meses o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais para o ano 2012. Este Plan debe contar “coa suficiente dotación económica, que garanta a protección, a seguridade e a defensa fronte aos lumes do monte”.

Reclaman así un “dispositivo permanente e profesionalizado” que “aposte pola prevención, vixilancia, disuasión e concienciación cidadá e a transparencia informativa”, con medidas estruturais de prevención, garanta o mellora aproveitamento dos fondos comunitarios e promova a contratación de brigadas a través de Seaga.

A portavoz de Medio Rural preguntará tamén ao goberno galego, na Comisión de Agricultura que terá lugar mañá martes, polas carencias na política de prevención de incendios do Goberno galego.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar